Fondo de Innovación

FINANCIAMENTO PARA A ACCIÓN CLIMÁTICA

Horizonte Europa

Duración

2020-2030

Tipo de programa

Xestión directa e indirecta

Base legal

Regulamento Delegado (UE) 2019/856 da Comisión, do 26 de febreiro de 2019, polo que se complementa a Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao funcionamento do Fondo de Innovación

Organismo xestor

A Dirección Xeral de Acción polo Clima (DG CLIMA) encárgase da xestión global. O organismo de execución é a Axencia Executiva de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA). Tamén participa na execución o Banco Europeo de Investimentos (BEI), xestionando a asistencia ao desenvolvemento de proxectos e encargándose da monetización das asignacións do fondo.
Para o desenvolvemento do fondo, a Comisión está asistida ademais polo Grupo de expertos do Fondo de Innovación.

Obxetivos

O Fondo de Innovación proporciona apoio para a demostración comercial de tecnoloxías innovadoras de baixa emisión de carbono, co obxectivo de levar ao mercado soluciones industriais para descarbonizar Europa e apoiar a súa transición cara á neutralidade climática.

Eixes de actuación

O Fondo de Innovación céntrase en:
Grandes proxectos punteiros dentro de Europa que poden supoñer importantes reducións de emisións. Preténdese compartir o risco cos promotores para contribuír á demostración de proxectos altamente innovadores e únicos. Ao mesmo tempo, os proxectos deben estar suficientemente maduros en termos de planificación, modelo de negocio e estrutura financeira e legal.
Proxectos de pequena escala cun custo total de capital inferior a 7,5 millóns de euros. Tanto os proxectos de pequena como de gran escala están centrados en:

  • tecnoloxías e procesos innovadores de baixa emisión de carbono en industrias de alto consumo enerxético.
  • construción e explotación da captura e o almacenamento de carbono.
  • xeración innovadora de enerxía renovable.
  • almacenamento de enerxía.

Beneficiarios

Empresas e traballadores que invistan en enerxías e industrias limpas.

Orzamento e intensidade das axudas

25.000 millóns de euros para o período 2020-2030, aproximadamente.
Ata o 60 % do capital adicional e os custos operativos dos proxectos a gran escala e ata o 60 % dos custos de capital dos proxectos a pequena escala.
As subvencións desembolsaranse de forma flexible en función das necesidades de financiamento do proxecto, tendo en conta os fitos acadados durante a vida do mesmo.
Ata o 40% das subvencións poden concederse en función de fitos predefinidos antes de que todo o proxecto estea completamente en marcha.

Observacións

O Réxime comunitario de comercio de dereitos de emisión, o maior sistema de fixación de prezos do carbono do mundo, proporciona os ingresos para o Fondo de Innovación, procedentes da poxa de 450 millóns de dereitos de emisión entre 2020 e 2030 e dos fondos non utilizados do programa NER300

O Fondo de Innovación é un fondo á marxe do MFP, aínda que, en base á súa temática, enmarcouse na rúbrica “acción climática” no contexto desta guía.

Ligazóns de interese

Web do fondo

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG REGIO
E-mail: CLIMA-IF-EXPERTGROUP@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Punto nacional de contacto: Ignacio Ángel Sánchez García
E-mail: bzn-fondoinnovacion@miteco.es