Fondo de Asilo, Migración e Integración (FAMI)
MIGRACIÓN

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1147 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021 polo que se crea o Fondo de Asilo, Migración e Integración
Organismo xestor
Obxetivos
Contribuír á xestión eficiente da migración e á aplicación, o reforzo e o desenvolvemento da política común de asilo e da política común de inmigración, en consonancia coas disposicións pertinentes do acervo da UE e respectando plenamente as obrigacións internacionais da UE e dos Estados membros derivadas dos acordos internacionais dos que son parte.
Eixes de actuación
FAMI apoia unha ampla gama de accións en liña coa política europea de migración. Isto inclúe, en particular:
- Garantir unha aplicación uniforme do acervo da UE e das prioridades relacionadas co Sistema Europeo Común de Asilo, a migración legal e o retorno.
- Proporcionar apoio e servizos coherentes co status e as necesidades da persoa en cuestión, en particular dos grupos vulnerables.
- Apoiar o reasentamento, a admisión humanitaria e os traslados dos solicitantes e beneficiarios de protección internacional.
- Apoiar o desenvolvemento e a aplicación de políticas que promovan a migración legal, como o desenvolvemento de plans de mobilidade cara á UE e a sensibilización sobre as canles legais axeitadas para a inmigración.
- Apoiar as medidas de integración adaptadas ás necesidades dos nacionais de terceiros países e os programas de integración temperá centrados na educación, o idioma e outros tipos de formación (como cursos de orientación cívica e orientación profesional) para preparar a súa participación activa e a súa aceptación por parte da sociedade de acollida.
- Apoiar as infraestruturas de acollida dos nacionais de terceiros países, incluída a posible utilización conxunta destas instalacións por parte de máis dun Estado membro.
- Apoiar un enfoque integrado e coordinado da xestión do retorno a nivel da UE e dos Estados membros, o desenvolvemento de capacidades para un retorno eficaz e sostible e a redución dos incentivos para a migración irregular;
- Apoiar o retorno voluntario asistido e a reintegración.
- Cooperar con terceiros países en materia de asilo, migración legal e loita contra a migración
irregular, así como en materia de retorno efectivo e readmisión co fin de xestionar a migración.
Beneficiarios
Autoridades estatais e federais, organismos públicos locais, organizacións non gobernamentais, organizacións humanitarias, empresas de dereito privado e público e organizacións de educación e investigación.
Orzamento e intensidade das axudas
9.880 millóns de euros (prezos de 2021).
A contribución do orzamento da Unión non excederá do 75 % do gasto total subvencionable dun proxecto, aínda que poderá incrementarse ata o 90 % no caso de accións específicas e ata o 100 % nos casos sinalados no Regulamento
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións e adquisicións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG HOME
Web de contacto