• A inscrición estará aberta até completar as prazas dispoñibles.
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021. No marco do proxecto Eurocidade 2020, do que a Fundación Galicia Europa é socio, a Federación Nacional das Asociacións Xuvenís de Portugal organiza as Xornadas da Xuventude, un evento centrado no traballo en equipo e capacitación destinado á mocidade emprendedora.
As xornadas, de carácter presencial, terán lugar na cidade de Chaves os días 18 e 19 de xuño. Comezarase cunha introdución o día 18 ás 21:00 horas e continuaranse os traballos o día 19, desde as 9:30 horas até as 19:00 horas.
A participación é gratuíta e estará aberta até completar o total de prazas ofertadas, e inclúe aloxamento e certificado de participación. Rexístrate na seguinte ligazón!
Aprobado ao amparo do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), este proxecto ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sustentable. Conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros cofinanciados ao 75% por FEDER e cunha duración de catro anos (2016-2019). 
Son socios do proxecto a AECT Eurocidade Chaves-Verín, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundación Galicia Europa, o Instituto Portugués do Desporto e dá Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas (FNAJ), o Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves.