A UE debe adoptar medidas adicionais para salvar o sector do turismo e as viaxes e preparalo para o futuro tras a crise do COVID-19, sinalou o venres o Parlamento Europeo.
 
Bruxelas, 19 de xuño de 2020. A resolución sobre o turismo e o transporte en 2020 e máis aló saíu adiante con 587 votos a favor, 32 en contra e 46 abstencións. O texto identifica os ámbitos nos que hai que facer máis para apoiar a un sector que emprega a 22,6 millóns de persoas (11,2% do emprego total da UE) e que supuxo o 9,5% do PIB da Unión en 2019.
Unha oportunidade para as empresas turísticas de superar a crise
  • Financiamento a curto prazo para evitar a bancarrota das empresas e para apoiar aos traballadores, incluídos os autónomos, nos sectores do transporte, a cultura e o turismo.
  • Apoio á recuperación a longo prazo e modernización do sector: o Parlamento pide á Comisión que proporcione directrices para garantir acceso rápido aos fondos dispoñibles. Os eurodeputados tamén demandan unha liña orzamentaria específica para o turismo sustentable no orzamento da UE para 2021-2027.
Garantir a seguridade e equidade mediante:
  • estándares comúns e protocolos detallados de hixiene e medidas de control sanitario;
  • un sistema de alerta temperá para alertar aos turistas sobre posibles riscos para a saúde no seu destino;
  • un certificado comunitario para os establecementos e operadores que respecten as esixencias máis elevadas de hixiene e seguridade;
  • unha campaña informativa para promocionar as viaxes dentro da UE, restaurar a confianza e concienciar aos turistas sobre as medidas de saúde e seguridade aplicadas en cada lugar, e
  • garantías de que o tránsito entre países non se vexa obstaculizado por medidas unilaterais nin acordos bilaterais entre Estados membros.
Leccións da crise do COVID-19
O Parlamento expón á Comisión o establecemento dun mecanismo de xestión de crise para o sector turístico, con obxecto de responder de forma adecuada e rápida a calquera reto futuro de similar magnitude.
Os eurodeputados ven a crise tamén como unha oportunidade histórica de modernizar o turismo na UE e facelo máis sustentable, por exemplo, a través de iniciativas locais e rurais ou viaxes fóra de tempada. A UE debería impulsar e certificar as viaxes e o turismo sustentables, socialmente responsables e economicamente sólidos.