Como peche do ciclo de publicacións sobre a actividade Conectados Sumamos do proxecto LIDERA (POCTEP), queremos compartir con vós a acción de visibilización creada por Esperanza Mara para o Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza. Nel se unen dúas artistas de ámbalas dúas beiras do río Miño para poñer en valor o patrimonio cultural compartido de Galicia e o Norte de Portugal.
O equipo da Fundación Galicia Europa quere agradecer aos participantes, parceiros e seguidores do proxecto o seu traballo e interese constante para garantir o seu éxito.
Moitas grazas.