Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Política de Competencia » Axudas estatais: a Comisión prorroga e modifica o Marco Temporal de Crise

Axudas estatais: a Comisión prorroga e modifica o Marco Temporal de Crise

07/11/2022 | , ,

— A Comisión Europea adoptou o pasado 28 de outubro unha modificación do Marco Temporal de Crise das axudas estatais, polo que permétese aos Estados membros continuar sendo beneficiaros das axudas estatais como apoio económico no contexto da guerra en Ucraína. 

— Este Marco Temporal de Crise adoptouse o 23 de marzo de 2022 e modificouse por primeira vez o 20 de xullo de 2022, a fin de complementar o paquete de preparación para o inverno e en consonancia cos obxectivos do Plan REPowerEU.

Bruxelas, 7 de novembro de 2022. A Comisión Europea adoptou o pasado 28 de outubro unha modificación do Marco Temporal de Crise das axudas estatais, mediante a cal se permite aos Estados membros continuar facendo uso da flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais para dar apoio á economía no contexto da guerra de Rusia contra Ucraína.

Este Marco Temporal de Crise adoptouse o 23 de marzo de 2022 e modificouse por primeira vez o 20 de xullo de 2022, a fin de complementar o paquete de preparación para o inverno e en consonancia cos obxectivos do Plan REPowerEU.

A modificación realizouse tendo en conta: a información recibida dos Estados membros no contexto dunha enquisa e das consultas específicas do 5 de outubro de 2022 e do 25 de outubro de 2022, e en vista do recente Regulamento relativo a unha intervención de emerxencia para facer fronte aos elevados prezos da enerxía [Regulamento (UE) 2022/1854] e a proposta da Comisión sobre un novo Regulamento de emerxencia para facer fronte aos elevados prezos do gas na UE e garantir a seguridade da subministración este inverno. Entre as modificacións se encuentra:

  • Prorroga todas as medidas establecidas no Marco Temporal de Crise ata o 31 de decembro de 2023.
  • Aumenta os límites máximos establecidos para importes limitados de axuda ata 250 000 EUR e 300 000 EUR para as empresas activas nos sectores da agricultura e da pesca e a acuicultura, respectivamente, e ata os 2 millóns EUR para as empresas activas nos demais sectores.
  • Introduce flexibilidade adicional no que respecta ao apoio á liquidez das instalacións de enerxía para as súas actividades de negociación. En casos excepcionais e con suxeición a estritas salvaguardias, os Estados membros poden facilitar garantías públicas que excedan do 90 % da cobertura, cando se faciliten como garantías financeiras a entidades de contrapartida central ou membros compensadores. Isto vai en consonancia co acto delegado adoptado pola Comisión o 18 de outubro de 2022, que permite o uso de garantías bancarias e públicas non cubertas por garantías reais, en condicións específicas, como activos de garantía admisibles para satisfacer os axustes das marxes de garantía.
  • Aumenta a flexibilidade e as posibilidades de apoio para as empresas afectadas polo aumento dos custos da enerxía, cunha serie de salvaguardias. Os Estados membros estarán facultados para calcular o apoio baseándose no consumo pasado ou no consumo actual, teniendo en cuenta a necesidade de manter intactos os incentivos de mercado para a redución do consumo de enerxía e de garantir a continuidade das actividades económicas. Ademais, os Estados membros poden facilitar apoio dun modo máis flexible, tamén aos sectores intensivos en enerxía, que se viron particularmente afectados, coas salvaguardias necesarias para evitar a compensación excesiva. Para as empresas que reciben importes de axuda máis substanciosos, o Marco Temporal de Crise prevé compromisos para establecer unha senda cara á redución da pegada de carbono do consumo de enerxía e a aplicación de medidas de eficiencia enerxética.
  • Introduce novas medidas orientadas a apoiar a redución da demanda de electricidade, en consonancia co Regulamento (UE) 2022/1854.
  • Aclara os criterios para a avaliación das medidas de apoio á recapitalización. En particular, ese apoio á solvencia tería que: i) ser necesario, adecuado e proporcionado; ii) conlevar unha remuneración adecuada para o Estado; e iii) ir acompañado dunhas medidas de competencia adecuadas para preservar a competencia efectiva, entre elas a prohibición dos pagos de dividendos e primas e das adquisicións.

As medidas previstas no Marco Temporal enténdense sen prexuízo da posibilidade de autorizar outras medidas necesarias e proporcionadas partindo directamente do Tratado, e en particular do artigo 107, apartado 3, letra b), do TFUE.

Ademais, a Comisión tamén decidiu prorrogar ata o 31 de decembro de 2023 a posibilidade de aplicar medidas de apoio ao investimento para unha recuperación sostible no Marco Temporal do COVID relativo ás axudas estatais.

Pode consultarse aquí unha declaración da vicepresidenta executiva Margrethe Vestager, encargada da política de competencia.

Contexto

O Marco Temporal de Crise relativo ás axudas estatais, adoptado o 23 de marzo de 2022, permite aos Estados membros aproveitar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de soster a economía no contexto da guerra de Rusia contra Ucraína. Modificouse por primeira vez o 20 de xullo de 2022, a fin de complementar o paquete de preparación para o inverno e en consonancia cos obxectivos do Plan REPowerEU.

As empresas controladas por Rusia que foron obxecto de sancións non entrarán no ámbito de aplicación destas medidas.

O Marco Temporal de Crise estará en vigor ata o 31 de decembro de 2023. Co fin de garantir a seguridade xurídica, a Comisión avaliará nunha fase posterior a conveniencia dunha prórroga.

Pode atoparse aquí máis información sobre o Marco Temporal de Crise e outras medidas adoptadas pola Comisión para facer fronte ás consecuencias económicas da invasión de Ucraína por parte de Rusia. Moi recentemente, a Comisión formulou o seu enfoque xeral para abordar a crise da enerxía na súa Comunicación do 18 de outubro de 2022 titulada «Emerxencia enerxética: unidos na preparación, as compras e a protección da UE». É fundamental que se busquen solucións comúns compartidas a escala da UE, evitando solucións nacionais fragmentadas que dependan da distinta marxe de manobra fiscal dos Estados membros. A Comisión avaliará as necesidades relacionadas con REPowerEU, entre elas os investimentos necesarios para acelerar a transición a unha enerxía limpa e evitar a fragmentación no mercado interior, tendo en canta a capacidade de absorción dos investimentos e aproveitando as leccións extraídas do éxito dos mecanismos de solidariedade financeira da UE. Sobre a base deste exame das fontes complementarias de financiamento para REPowerEU, a Comisión móstrase disposta a propoñer novas medidas para garantir a competitividade da industria europea e a independencia enerxética en toda a UE.

Para unha visión xeral sobre as posibilidades de sustentar a axuda para os custos adicionais debido a aumentos excepcionalmente pronunciados nos prezos do gas natural e da electricidade, pode consultarse esta ligazón.

Máis información: Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data