Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » A Fundación Galicia Europa participa no proxecto Incubtrans

A Fundación Galicia Europa participa no proxecto Incubtrans

05/12/2023 | ,

— Incubtrans é un novo proxecto de cooperación transfronteiriza que a Fundación Galicia Europa impulsará para a mocidade galego-portuguesa durante tres anos.

— Incubtrans está financiado polo programa Interreg.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023. A Fundación Galicia Europa está encantada de ofrecer o seu apoio no proxecto Incubtrans, no marco do programa Interreg.

Este proxecto ten como obxectivo crear unha incubadora transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que estimule e apoie a creación sostible de novas empresas, o emprego cualificado e a xeración de valor engadido no territorio fronteirizo interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A Fundación Galicia Europa realizará un labor de seguimento personalizado, coaching e formación específica para os mozos e mozas emprendedores.

A duración do proxecto é de 48 meses, desde o 01/01/2023 ata o 31/12/2026

Os obxectivos principais de Incubtrans alíñanse cos da Fundación, sendo estes a creación e fixación de emprego para que os habitantes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal –especialmente para as persoas máis novas–  poidan permanecer no seu lugar de orixe.

O pasado 28 de novembro, a FGE participou en liña no primeiro comité de pilotaxe do proxecto, no que se trataron diferentes temas como a xestión, coordinación e comunicación do proxecto. Ademais, expúxose a organización do proxecto, o cal levarase a cabo nun total de seis actividades:

  • Actividade 1: Constitución da incubadora transfronteiriza.
  • Actividade 2: Capacitación dos emprendedores.
  • Actividade 3: Capacitación dos empresarios.
  • Actividade 4: Zona franca empresarial.
  • Actividade 5: Coordinación.
  • Actividade 6: Visibilidade, Transparencia e Comunicación.

Contexto

O proxecto Incubtrans está aprobado e cofinanciado polo Programa Interreg VI A de Cooperación España-Portugal (Poctep) 2021-2027, Feder. Este proxecto ten como principal obxectivo crear unha incubadora transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en particular no territorio da Eurocidade, que estimule e apoie a creación sostible de novas empresas, de emprego cualificado e creación de valor engadido no territorio fronteirizo, actuando como interface entre a contorna empresarial, a formación e as institucións universitarias e de I+D da rexión transfronteiriza.

Desta forma, facilitarase a transferencia de tecnoloxía que permita o desenvolvemento e a aplicación de novos modelos empresariais para as pemes, en particular no que se refire á internacionalización, contribuíndo á capacitación das mesmas e da industria existente en conformidade coas estratexias de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.

Consulta aquí todos os proxectos europeos nos que participa a FGE

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data