Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Cidadanía e institucións europeas » O Eurobarómetro mostra un nivel récord de confianza na UE e un forte apoio ao euro e á política común de seguridade e defensa

O Eurobarómetro mostra un nivel récord de confianza na UE e un forte apoio ao euro e á política común de seguridade e defensa

18/05/2025 |

Bruxelas, 18 de maio de 2025.

A última enquisa Eurobarómetro, publicada hoxe, revela que se alcanzou o nivel máis elevado de confianza na Unión Europea desde hai 18 anos e o maior apoio ao euro ata a data. No contexto xeopolítico actual, os europeos tamén desexarían que a UE fose máis forte e asertiva a través dunha política común de defensa e seguridade. Ao mesmo tempo, a paz segue sendo o valor que mellor representa á UE.

A confianza na UE, no nivel máis alto en 18 anos

O 52% dos europeos confían na UE, o que constitúe o resultado máis elevado desde 2007. O nivel de confianza é maior entre os mozos de entre 15 e 24 anos (59%). No que supón outro récord desde hai 18 anos, o 52% dos europeos afirman que confía na Comisión Europea, e a puntuación é especialmente elevada entre os mozos (un 57%). Ao mesmo tempo, o 36% dos europeos afirma confiar no seu goberno nacional e o 37%, no seu parlamento nacional.

Tres cuartas partes dos enquisados (o 75%) —o nivel máis alto en máis de dúas décadas— afirman sentirse cidadáns da UE.

Así mesmo, máis de seis de cada dez europeos (o 62%) tamén se mostran optimistas ante o futuro da UE.

Os europeos apoian firmemente o euro

A enquisa do Eurobarómetro puxo de manifesto o maior apoio á moeda común xamais rexistrado, tanto na UE (un 74%) como na zona do euro (un 83%). Polo que se refire á percepción da situación da economía europea, o 44% dos europeos opinan que é boa, mentres que o 48% considérana mala. Unha maioría dos cidadáns (o 43%) segue pensando que a situación económica europea manterase estable nos próximos doce meses.

Os europeos queren unha UE máis forte e asertiva

Case sete de cada dez enquisados (o 69%) opinan que a Unión Europea é un lugar de estabilidade nun mundo turbulento.

Case nove de cada dez europeos (o 88%) están de acordo en que debería haber unha maior cooperación baseada en normas entre os países e as rexións do mundo. Máis de catro de cada cinco cidadáns da UE (o 86%) están de acordo en que o aumento dos aranceis aduaneiros é prexudicial para a economía mundial. Con todo, o 80% dos enquisados están de acordo en que, se outros países aumentan os seus dereitos sobre as importacións procedentes da UE, a UE debería á súa vez impoñer aranceis aduaneiros para defender os seus intereses.

Máis de oito de cada dez (o 81%) apoian unha política común de defensa e seguridade entre os Estados membros; trátase do maior respaldo desde 2004. Ao mesmo tempo, o 78% están preocupados pola defensa e a seguridade da UE no próximos cinco anos.

Polo que se refire ás prioridades do orzamento da UE, os cidadáns europeos desexarían que o orzamento da UE se gaste en defensa e seguridade (un 43%), emprego, asuntos sociais e saúde pública (un 42%) e educación, formación, mocidade, cultura e medios de comunicación (un 34%, estable). Cun 40%, a seguridade e a defensa son tamén o ámbito principal ao que os cidadáns cren que deberían destinarse o aumento do financiamento da UE, seguido da transición enerxética e a enerxía alcanzable (un 32%).

Segundo os europeos, a UE debería adoptar medidas a medio prazo no ámbito da seguridade e a defensa (39%), seguido da economía (29%), a migración (24%) e o clima e o medio ambiente (24%). Ao mesmo tempo, o 44% dos cidadáns europeos cren que garantir a paz e a estabilidade terá o maior impacto positivo nas súas vidas a curto prazo, seguido de garantir a alimentación, a saúde e as subministracións industriais na UE (27%) e crear máis oportunidades de emprego (26%).

A paz (41%) segue sendo o valor que mellor representa á UE, seguido da democracia (33%) e o respecto do Estado de Dereito, a democracia e os dereitos fundamentais (28%).

Un apoio estable e continuado á resposta da UE á guerra en Ucraína

Ante a guerra de agresión rusa contra Ucraína, o 80% dos enquisados europeos están de acordo en acoller ás persoas que foxen da guerra na UE, mentres que máis de tres cuartas partes dos europeos (76%) apoian a prestación de axuda financeira e humanitaria a Ucraína. O 72% dos cidadáns da UE referendan as sancións económicas ao Gobierno, as empresas e os particulares rusos, mentres que seis de cada dez (60%) aproban que a UE conceda o estatuto de país candidato a Ucraína e o 59% están consonte que a UE financie a compra e a subministración de equipos militases a ese país.

A invasión rusa de Ucraína segue considerándose a cuestión máis importante a nivel da UE (o 27%) dun total de 15 elementos (seguido da situación internacional, cun 24%, e a seguridade e a defensa, cun 20%). O 77% dos enquisados europeos están de acordo en que a invasión rusa de Ucraína constitúe unha ameaza para a seguridade da UE.

Contexto

Eurobarómetro estándar n.º 103 (primavera de 2025) levou a cabo entre o 26 de marzo e o 22 de abril de 2025 nos vinte e sete Estados membro da UE. En total, entrevistouse de forma presencial a 26.368 cidadáns da UE. Tamén se realizaron entrevistas en nove países candidatos e candidatos potenciais (todos excepto Ucraína) e no Reino Unido.

Fonte: Comisión Europea

Máis información: Comisión Europea

SJM

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data