Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Formación »Innogando, Vives aprende e Mozos Embaixadores Dixitais para pemes (DYAS), proxectos galegos elixidos como boas prácticas de dinamización das áreas rurais
— Iniciativas innovadoras e dixitalización para frear o despoboamento e impulsar o talento mozo en oito países europeos
Santiago, 5 de xuño de 2026. O proxecto RuralYouthFuture publica na súa plataforma web un resumo das súas “Mellores prácticas”, entre as que destacan Vives aprende, Innogando e DYAS, impulsadas pola Fundación Galicia Europa.
As prácticas seleccionadas apoian o emprego xuvenil e o desenvolvemento sostible nas zonas rurais de Europa mediante enfoques innovadores. Grazas a isto, mellóranse as oportunidades laborais e as competencias da mocidade, ao tempo que se afrontan retos como a despoboación, o envellecemento e as desigualdades entre as áreas rurais e urbanas.
En resposta á evolución do mercado laboral, a través das boas prácticas implementadas en RYF púxose especial énfase na dixitalización como motor clave para crear novas oportunidades de emprego para a mocidade no rural.
A selección tamén reflicte a contribución destas prácticas á hora de afrontar desafíos e xerar novas oportunidades para a mocidade. Prestouse especial atención aos enfoques e ferramentas empregadas. Ademais, tívose en conta a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas.
RuralYouthFuture
RuralYouthFuture é un proxecto financiado por Interreg Europe que impulsa o emprego xuvenil e o desenvolvemento rural a través do intercambio de boas prácticas e a mellora das políticas públicas. A iniciativa reúne socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia, e conta cun financiamento de 1,9 millóns de euros cofinanciados polo FEDER.
Máis información
© Interreg Europe, 2026