Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE

A Comisión aproba un réxime de axudas español por valor de 10 000 millóns de euros en apoio das empresas no contexto da invasión de Ucraína por Rusia

08/06/2022 | , ,

 

— A Comisión Europea vén de aprobar un réxime español de ata 10 000 millóns de euros («sistema de garantía nacional») para apoiar aos traballadores autónomos e ás empresas de todos os sectores no contexto da invasión de Ucraína por Rusia. O réxime aprobouse en virtude do Marco Temporal de Crise, adoptado pola Comisión o 23 de marzo de 2022

 

Bruxelas, de 8 de xuño de 2022.España notificou á Comisión Europea, con arranxo ao Marco Temporal de Crise, un réxime de ata 10 000 millóns de euros para apoiar aos traballadores autónomos e ás empresas de todos os sectores que operan en España, no contexto da invasión de Ucraína por Rusia.

 

Poderán acceder á axuda as empresas que operen en todos os sectores afectados pola crise, salvo as entidades de crédito e financeiras. Ademais, os beneficiarios admisibles terán dereito a percibir cantidades limitadas de axuda e apoio á liquidez en forma de garantías sobre préstamos.

 

Neste sentido, a Comisión considera que o réxime español cumpre as condicións establecidas no Marco Temporal de Crise. En particular, no que respecta a os importes limitados de axuda:

  1. A axuda non excederá de 35 000 euros por empresa activa nos sectores da agricultura, a pesca e a acuicultura e de 400 000 euros por empresa activa en todos os demais sectores
  2. As garantías concederanse como moi tarde o 31 de decembro de 2022. Polo que respecta ao apoio á liquidez:
  3. A duración das garantías non poderá exceder de oito anos
  4. As primas de garantía respectan os niveis mínimos (modulados de forma que reflictan a cobertura da garantía e a duración dos préstamos garantidos) establecidos no Marco Temporal de Crise
  5. As garantías concederanse como moi tarde o 31 de decembro de 2022.

 

Ademais, a axuda pública estará suxeita a condicións a fin de limitar un falseamento indebido da competencia, incluídas salvagardas destinadas a garantir que as vantaxes da medida repercutan na maior medida posible nos beneficiarios finais a través dos intermediarios financeiros. A Comisión chegou á conclusión de que o réxime español é necesario, adecuado e proporcionado para poñer remedio a unha grave perturbación na economía dun Estado membro. Sobre esta base, a Comisión aprobou a medida conforme as normas sobre axudas estatais da UE.

 

Contexto

A Comisión adoptou o 23 de marzo de 2022 un Marco Temporal de Crise con obxecto de permitir aos Estados membros aproveitar a flexibilidade prevista nas normas sobre axudas estatais co fin de respaldar a economía no contexto da invasión de Ucrania por Rusia. Este Marco Temporal de Crise prevé os seguintes tipos de axuda:

  • importes limitados de axuda por valor de ata 35 000 euros por empresa afectada pola crise nos sectores da agricultura, a pesca e a acuicultura, e de ata 400 000 euros por empresa afectada pola crise nos demais sectores
  • axudas á liquidez en forma de garantías estatais e préstamos bonificados
  • axudas para compensar os elevados prezos da enerxía. As axudas compensarán ás empresas, e ás grandes consumidoras de enerxía polos custos adicionais en que incorran debido ás subidas excepcionais dos prezos do gas e da electricidade. As axudas globais por beneficiario non poderán superar o 30% dos custos subvencionables, ata un máximo de dous millóns de euros. Os usuarios cun elevado consumo enerxético poden acollerse a intensidades de axuda máis elevadas, e os Estados membros poden conceder axudas que superen estes límites máximos ata alcanzar a cifra de 25 millóns de euros e 50 millóns de euros.

As empresas controladas por Rusia que sexan obxecto de sancións non entrarán no ámbito de aplicación destas medidas.

O Marco Temporal de Crise contempla unha serie de  salvaguardias:

  • aplicación dunha metodoloxía proporcional, en virtude da cal se esixe a existencia dun vínculo entre o importe das axudas que poden concederse e a magnitude da actividade económica e a súa exposición para os efectos económicos da crise
  • condiciones de admisibilidad.

 

O Marco Temporal de Crise estará en vigor ata o 31 de decembro de 2022. Co fin de garantir a seguridade xurídica, a Comisión avaliará antes desa data a súa eventual prórroga. Ademais, mentres dure a súa aplicación, a Comisión someterá a revisión continua o contido e o alcance do Marco á luz da evolución dos mercados da enerxía, outros mercados de insumos e a conxuntura económica en xeral.

Por outro lado, o 19 de marzo de 2020, a Comisión adoptou un marco temporal no contexto da pandemia. Este último marco temporal foi modificado o 3 de abrilo 8 de maioo 29 de xuño, e o 13 de outubro de 2020, e o 28 de xaneiro e o 18 de novembro de 2021.

 

Máis información: Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data