Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Turismo » Primeiro itinerario de transición para o ecosistema turístico da UE

Primeiro itinerario de transición para o ecosistema turístico da UE

14/02/2022 |

— A Comisión Europea acaba de publicar o primeiro itinerario de transición destinado ao ecosistema turístico, como parte da Estratexia Industrial actualizada da UE, que establece a axenda do turismo europeo para a próxima década. 

— Este itinerario foi creado conxuntamente entre a Comisión e os axentes do ecosistema turístico, ao chegar a un acordo sobre as medidas necesarias para completar a transición verde e dixital do sector e lograr que o turismo sexa más competitivo e resiliente no futuro. 

 

 

Bruxelas, 14 de febreiro de 2022. A Comisión presentou o itinerario de transición para o turismodurante as Xornadas da Industria da UE. O itinerario de transición é un plan creado conxuntamente cos axentes do ecosistema turístico no que se detallan as accións, os obxectivos e as condicións clave para completar as transicións ecolóxica e dixital e lograr unha resiliencia a longo prazo do sector. A Comisión convida as partes interesadas a participar na súa execución. O itinerario de transición insta á comunidade turística a que aplique medidas en 27 ámbitos, entre as que se atopan as seguintes: 

 

  • Investir en circularidade para reducir a enerxía, os residuos, o consumo de auga e a contaminación, e, ao mesmo tempo, satisfacer mellor a crecente demanda de turismo sostible. 
  • Optimizar as prácticas de intercambio de datos para posibilitar novos servizos turísticos innovadores e mellorar a xestión sostible dos destinos.
  • Investir en capacidades para garantir a dispoñibilidade de man de obra cualificada e de carreiras atractivas no ecosistema turístico.
A participación activa de todos os axentes do sector será clave para o éxito da transición ecolóxica e dixital. Esta é a razón pola que a Comisión pon en marcha unha enquisa en liña na que se convida á comunidade turística da UE a compartir información sobre os seus compromisos individuais e colectivos e a manifestar o seu interese por colaborar na execución da transición. A Comisión traballará coas partes interesadas para dirixir, apoiar e facer un seguimento dos avances da transición.
 
 

Contexto

O desenvolvemento do itinerario de transición para o turismo comezou en xuño de 2021 cunha consulta ás partes interesadas sobre os supostos para a transición do ecosistema turístico. Celebráronse varios talleres e reunións coas partes interesadas para profundar no intercambio de ideas e desenvolver as propostas.
 
Este itinerario de transición é o primeiro posto en marcha como parte dunha acción máis ampla anunciada na actualización da estratexia industrial, publicada o 5 de maio de 2021, na que a Comisión instou os ecosistemas industriais a acelerar a transformación ecolóxica e dixital e a aumentar a resiliencia da economía europea.
 
Con iso, estreouse o principio da creación conxunta de itinerarios de transición coas partes interesadas, como ferramenta esencial de colaboración para a transformación dos ecosistemas industriais. Actualmente, a Comisión está a traballar na creación conxunta de itinerarios para a mobilidade, a construción, as industrias de gran consumo de enerxía e os ecosistemas de proximidade e de economía social.
 
O itinerario de transición para o turismo tamén contribúe á petición do Consello Europeo nas súas Conclusións do 27 de maio de 2021, nas que se convidaba «á Comisión e aos Estados membros, en participación das partes interesadas pertinentes, a elaborar unha Axenda Europea para o Turismo».
 
O itinerario de transición para o turismo responde as peticións expostas anteriormente e achanda o camiño cara a unha transición con visión de futuro e unha resiliencia a longo prazo para o ecosistema turístico con vistas ao ano 2030 e máis aló. 
 
 
 
 
Máis información: 
 

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data