Bruxelas e Canberra pechan un acordo comercial ambicioso e impulsan unha cooperación estratéxica clave nun contexto de incerteza global.
Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea »
Novo paquete de acordos entre a UE e Suíza para reforzar as relacións bilaterais
O paquete ten como obxectivo modernizar as relacións bilaterais e ampliar a cooperación en comercio, enerxía, saúde e programas europeos.
Lanzamento do Centro de Investimento Global Gateway: Impulsando a participación do sector privado da UE en todo o mundo
A UE lanza o Centro Global Gateway para fortalecer o investimento privado en proxectos sostíbeis a nivel mundial.
Reforzo das garantías para os agricultores europeos ante o acordo UE-Mercosur
O novo regulamento prevé medidas de salvagarda e mecanismos de resposta rápida fronte a posibles desequilibrios no mercado.
Bruxelas propón a suspensión das concesións comerciais con Israel
A Comisión Europea sancionará tamén aos ministros extremistas do Goberno israelí, a Hamás e aos colonos violentos.
Acordos históricos con Mercosur e México para fortalecer o comercio e a cooperación global
Estes acordos impulsarán as exportacións e a cooperación en comercio, sostibilidade e dereitos humanos. Deberán ser aprobados polo Parlamento Europeo e os Estados membros.
Os líderes europeos reafirman a súa aposta por unha UE máis competitiva ante os retos xeoconómicos actuais
Os dirixentes comunitarios reuníronse en Bruxelas para debater sobre o papel da Unión fronte os desafíos globais e abordar os acontecementos en curso en Ucraína e Oriente Próximo.
Os líderes da UE reafírmanse no seu apoio a Ucraína, chaman a un alto ao fogo en Gaza e abordan a crise migratoria
No Consello Europeo celebrado esta semana, que contou coa presenza de Volodímir Zelenski, tamén estiveron sobre a mesa o informe de Mario Draghi sobre competitividade e os acordos con Marruecos, ademais de reiterarse as críticas á situación en Venezuela.
A Comisión prepara as reformas e revisións políticas previas á ampliación
Con esta Comunicación sobre as reformas previas á ampliación e a revisión das políticas, comezan os traballos sobre as revisións en profundidade das políticas, anunciadas pola Presidenta von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión 2023. A Comisión levará a cabo estas revisións a principios de 2025, mediante diferentes formas e en base ás achegas das partes interesadas.
Primeira reunión informal ministerial Ecofin en Santiago de Compostela
A primeira xornada da reunión informal Ecofin celebrouse en Santiago de Compostela baixo a Presidencia española do Consello da UE.