Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »A Fundación Galicia Europa recibe a incorporación dun novo voluntario europeo IVY
—A Iniciativa Mocidade Voluntaria Interreg (IVY) ofrece aos mozos a posibilidade de servir como voluntarios en programas transfronteirizos, transnacionales ou interrexionais.
— O novo voluntario foi recibido por Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia e director da Fundación Galicia Europa.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024. A Fundación Galicia Europa, no marco do proxecto Interreg Incubtrans, do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP), recibe a incorporación de Hernán Rodríguez Iglesias, o novo voluntario IVY (Interreg Volunteer Youth). Esta iniciativa ofrece vantaxes similares ás do Servizo Voluntario Europeo. A selección das organizacións de acollida realízaa a Asociación de Rexións Fronteirizas e Transfronteirizas Europeas (ARFE) en nome da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DGREGIO).
Hernán foi recibido este mércores polo director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo Aller. O seu voluntariado terá unha duración de seis meses. O novo voluntario da FGE é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e tivo un contacto previo coa FGE a través do programa Xuventude Mentoring de formación para estudantes de grao e mestrado. Durante este programa foi titorizado pola propia Fundación Galicia Europa.
Agora, como voluntario, realizará a súa aprendizaxe apoiando o proxecto Incubtrans, onde terá a capacidade de participar en tarefas de xestión, coordinación, dinámicas de grupo, encontros e actividades varias que lle axudarán a desenvolver o seu perfil profesional.
Proxecto Incubtrans
O proxecto Incubtrans ten como obxectivo crear un viveiro de empresas transfronteirizas para a Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. O obxectivo do proxecto é estimular e apoiar a creación sostible de novas empresas, emprego cualificado e xerar valor engadido no territorio fronteirizo interior desta eurorrexión. Deste xeito, preténdese promover a cooperación para maximizar o aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio e o desenvolvemento de iniciativas e sectores clave.
A experiencia formativa na que se desenvolven os voluntarios de Interreg, establecendo conexións para que os mozos atopen unha entrada no ámbito profesional, sumada á experiencia e profesionalidade da Fundación Galicia Europa en relación a proxectos europeos, fan desta unha gran oportunidade para a formación de novos talentos.
Esta experiencia é enormemente beneficiosa para os voluntarios, xa que lles proporciona a posibilidade de entrar en contacto, non só con entidades galegas ou outros Estados membros da Unión Europea, senón que tamén lles permite seguir formando e adquirir coñecementos sobre as políticas de voluntariado da UE e os instrumentos financeiros que sustentan estas políticas.
Interreg Volunteering Youth
O obxectivo xeral de IVY é promover o éxito dos programas e proxectos Interreg nos que participen mozos voluntarios. Más concretamente,búscase reforzar a visibilidade dos programas e proxectos de Interreg, IPA-CBC e ENI-CBC/Interreg NEXT; mediante o apoio de mozos voluntarios, especialmente en calidade de Interreg Project Partners. Ademais, preténdese ofrecer ás novas oportunidades en actividades solidarias que conleven un cambio social positivo. Por último, a iniciativa IVY contribúe á integración europea e sensibiliza aos mozos sobre o seu impacto positivo.
Máis información: Programa IVY
Fundación Galicia Europa