Actualidade

Portada » Actualidade » RuralYouthFuture publica o seu sexto boletín

RuralYouthFuture publica o seu sexto boletín

22/06/2026 |

Santiago, 22 de xuño de 2026. O proxecto RuraYouthFuture continúa a ofrecer resultados tanxibles en todas as rexións asociadas, transformando a aprendizaxe entre iguais e a innovación política en melloras concretas para a mocidade rural. Coa entrada oficial na súa fase de seguimento, o proxecto reafirma o seu compromiso de consolidar os resultados acadados, fortalecer o impacto das políticas e garantir a sustentabilidade a longo prazo destas iniciativas nas zonas rurais europeas.

Nesta nova edición do boletín poderás:

  • Coñecer os detalles da nova fase de seguimento enfocada en consolidar resultados e garantir o cambio político a longo prazo.
  • Acceder ao novo Resumo de Boas Prácticas, que recolle enfoques innovadores en dixitalización, emprego remoto e emprendemento xuvenil.
  • Descubrir as melloras políticas xa acadadas a nivel rexional e nacional grazas á cooperación entre os socios do proxecto.
  • Informarte sobre a vindeira reunión interrexional que terá lugar en Novi Sad (Serbia) do 30 de xuño ao 1 de xullo.

Accede ao 6º boletín facendo clic aquí.

Sobre RuralYouthFuture

O proxecto “RuralYouthFuture” ten como obxectivo impulsar o emprego xuvenil e garantir postos de traballo accesibles e de calidade para a mocidade das zonas rurais. Para iso, céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da xuventude nos territorios rurais afectados polo descenso poboacional. O proxecto conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.

Cun financiamento de 1,9 millóns de euros, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.

Consulta aquí as novas relacionadas co proxecto.

© Fundación Galicia Europa, 2026.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data