Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Competitividade »
Lei de Aceleración Industrial
A Unión Europea impulsa a nova Lei de Aceleración Industrial co obxectivo de reforzar a competitividade da industria europea e recuperar peso manufactureiro na economía comunitaria. A proposta, integrada no Pacto por unha Industria Limpa e inspirada nas recomendacións do informe Draghi, busca elevar a participación da industria ata o 20% do PIB europeo en 2035, promovendo ao mesmo tempo a creación de emprego, a autonomía estratéxica e a transición cara a tecnoloxías limpas.
A iniciativa introduce medidas para favorecer os produtos fabricados na UE e con baixas emisións de carbono na contratación pública e nos sistemas de apoio público, especialmente en sectores estratéxicos como o aceiro, a automoción ou as tecnoloxías verdes. Ademais, prevé simplificar os procedementos administrativos mediante permisos dixitais únicos e a creación de zonas de aceleración industrial para facilitar novos proxectos industriais en Europa.