Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Galicia defenderá os intereses das rexións europeas como copresidenta do grupo de traballo marítimo e de pesca da CRPM

Galicia defenderá os intereses das rexións europeas como copresidenta do grupo de traballo marítimo e de pesca da CRPM

24/11/2023 |

— O titular de Mar participou no encontro que abre a 51º Asemblea xeral da CRPM e no que se celebra o primeiro medio século desta organización, que agrupa a 150 rexións de 24 Estados da UE suman máis de 200 millóns de habitantes. 

— Alfonso Villares instou a reforzar esta colaboración institucional e sectorial para devolver o equilibrio entre os obxectivos medioambientais, sociais e económicos como os tres grandes piares da política pesqueira comunitaria.

Saint-Malo, 15 de novembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defendeu hoxe a necesidade de colaborar con administracións de outras zonas da Unión Europea (UE) para acadar o ansiado equilibrio entre os tres piares sobre os que se debe sustentar a Política Pesqueira Común (PPC): os obxectivos medioambientais, os sociais e os económicos. Así o manifestou desde a localidade gala de Saint-Malo, o lugar onde Galicia e a Bretaña francesa estreitaron os seus vínculos nunha alianza ratificada por un feito histórico: o de compartir, como copresidentas, o liderado do Grupo Central de Traballo Marítimo e de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM).

O titular de Mar destacou que o gran obxectivo á fronte deste organismo será o de defender os intereses das rexións comunitarias nas que a actividade do sector marítimo-pesqueiro é estratéxica, como é o caso en ámbalas dúas. O representante da Xunta fixo estas declaracións durante a participación na serie de encontros que abriron a 51º Asemblea xeral da CRPM, un encontro no que, ademais, se celebra o 50 aniversario desta organización, na que están agrupadas un total de 150 rexións de 24 Estados da UE que suman máis de 200 millóns de habitantes.

En medio século de historia, o traballo da CRPM permitiu identificar retos e obxectivos comúns para impulsar ao sector da pesca e a acuicultura, avanzando en conxunto en áreas como a formación o a sustentabilidade ambiental e a responsabilidade social no desenvolvemento do sector.

Alfonso Villares tivo palabras de agradecemento para Claire Hugues, vicepresidenta do Consello Rexional de Pays de la Loire e presidenta saínte do grupo de traballo especializado no mar dentro da CRPM, de quen destacou o seu firme compromiso coa defensa do sector. Ao mesmo tempo, o titular galego gabou o papel de Daniel Cueff, vicepresidente encargado do Mar e do Litoral da Bretaña francesa, e quen ocupará agora a presidencia compartida con Galicia no relevo á fronte do organismo especializado nos temas da cadea mar-industria na Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas.

Moitos foron os temas onde esta colaboración no seo da CRPM aportou posicións conxuntas, como a cooperación interrexional ou a defensa de intereses comúns ante as distintas instancias europeas en cuestións como a implementación dos fondos comunitarios. De singular relevancia foi a aprobación da súa posición política aprobada na anterior Asemblea Xeral, na que se defendeu un reequilibrio entre os obxectivos medioambientais, sociais e económicos na nova acción en pesca da UE onde a posición da comunidade galega, a primeira potencia do sector na UE, foi atendida.

Froito do Ditame elaborado no seo do Consello Galego de Pesca, man a man co seu sector mar-industria, Galicia defende, segundo destacou o conselleiro, unha nova política pesqueira comunitaria “máis social e de futuro”, preocupada pola remuda xeracional; “máis xusta”, cun comercio de produtos do mar onde o sector europeo teña futuro e traballe en igualdade de condicións que os doutros países; “máis sostible”, compatibilizando actividade económica e conservación da biodiversidade, á par que “máis verde” e resiliente ante o cambio climático, e que teña a “cogobernanza global” co sector como base para a sustentabilidade da actividade.

Retos comúns

O obxectivo da Xunta de Galicia é contribuír, xunto coas outras rexións pesqueiras europeas como a Bretaña gala, a que as demandas das zonas costeiras sexan escoitadas, entendidas e tidas en conta nunha necesaria actualización da normativa pesqueira comunitaria. Alfonso Villares sinalou que esta unión é máis importante ca nunca, sobre todo despois das últimas decisión da Comisión Europea, á que tamén responde o ditame liderado por Galicia no Comité Europeo das Rexións. O paquete lexislativo da Comisión inclúe o veto á pesca de fondo e un plan de acción para a conservación dos recursos pesqueiros que desatende o plano social e económico da pesca e atende só ao ambiental. 

O titular de Mar galego sinalou tamén que estamos nun momento clave, como proba a firma da Declaración de Cardiff 2023 na Comisión do Arco Atlántico, a través da que se demanda a configuración dunha macrorrexión Atlántica que desde Galicia se considera xustificada e se demandou á Presidencia española da UE que sexa unha prioridade política.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data