Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

Creando pontes dende Galicia

09/11/2024 | 10:00 - 19:00

O obxectivo desta xornada é que os mozos locais poidan aprender sobre políticas públicas e idear solucións ás problemáticas que afectan a Galicia.

Recibirán unha formación inicial sobre a política de cohesión territorial da UE e contarán co testemuño de expertos que exporán algúns dos proxectos con financiamento europeo que a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Vedra executan en Galicia. Finalmente, participarán nun hackathon creativo. O equipo gañador recibirá un importante premio tecnolóxico.

A xornada está organizada por Interreg Volunteer Youth (IVY), financiada pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas e conta coa colaboración da Fundación Galicia Europa, Cámara Compostela e o Concello de Vedra.

As inscricións realízanse a través deste formulario e poden realizarse consultas enviando un mail a euroxuventude@fundaciongaliciaeuropa.eu.

 

Detalles

Organizador

  • Interreg Volunteer Youth (IVY)
  • Ver web

Recinto