Nova edición dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’, o ciclo impulsado pola Fundación Galicia Europa dende o ano 2020 para reforzar o diálogo entre o Goberno galego e as institucións europeas. A sesión estará dedicada nesta ocasión ás prioridades da política europea de...
Actualidade
Portada »
Nexus Event Day ODS 2025
Volve o Nexus Event Day ODS. Unha oportunidade única para persoas en busca de emprego, prácticas ou bolsas, así como para quen desexa emprender. A Fundación Galicia Europa participará a través da súa iniciativa EuroXuventude. Contará cun stand no que, durante toda a mañá do 27 de marzo, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre prácticas e saídas profesionais na Unión Europea.
Charla sobre a Fundación Galicia Europa e a UE no IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
Encontro dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO no que se explicará o papel da Fundación Galicia Europa e varios programas europeos.
Mellora o teu perfil profesional grazas á UE
Xornada destinada a coñecer os 14 programas da UE de especial relevancia para mellorar as habilidades profesionais da mocidade.
Seminario. Cambios climáticos en territorios rurais: Impactos, Adaptacións e Nuovas Oportunidades
Esta acción formativa ten como obxectivo sensibilizar sobre temas actuais e relevantes, como o cambio climático, a economía circular e as novas oportunidades para o mundo rural.
Creando pontes dende Galicia
O obxectivo desta xornada é que os mozos locais poidan aprender sobre políticas públicas e idear solucións ás problemáticas que afectan a Galicia. Recibirán unha formación inicial sobre a política de cohesión territorial da UE e contarán co testemuño de expertos que...
Formación sobre xestión de proxectos
Curso dirixido a responsables das organizacións sociais e afiliadas de asociacións e federacións xuvenís, voluntarios e técnicos xuvenís, e outras poboacións interesadas de Galicia e Portugal.
Curso de iniciación ao portugués – Eurocidade 2030
Curso destinado a mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan entre os 18 e os 30 anos ao inicio do curso.