
Que é Teceuropa?
A vixésimo segunda edición de TecEuropa terá lugar en Bruxelas do 25 ao 27 de xuño cun aforo de 30 participantes. A asistencia é de balde. A FGE ofertou axudas para sufragar o desprazamento e estadía de 20 participantes. Despois abriu unha segunda fase de inscrición na quenda libre para 10 persoas.
Programa TecEuropa | 22ª Edición (Provisional)
Mércores, 25 de xuño | |
9:00-10:00 | Benvida e presentacións |
10:00-13:00 | Curso de financiamento comunitario |
15:30-16:30 | Visita ao Parlamento Europeo |
Xoves, 26 de xuño | |
9:00-13:00 | Curso de financiamento comunitario |
15:00-17:00 | Visita ao Comité Europeo das Rexións e ao Comité Económico e Social |
Venres, 27 de xuño | |
8:30-11:00 | Posibilidade de establecer contactos profesionais a cargo dos participantes |
11:00-13:00 | Sesión final e conclusión |
14:30-17:00 | Visita á Comisión Europea |