UEproSaúde (EU4HEALTH)
RECUPERACIÓN E RESILIENCIA
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/522 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de marzo de 2021 polo que se establece un programa de acción da Unión no ámbito da saúde («programa EU4HEALTH») para o período 2021-2027
Organismo xestor
O programa execútase mediante xestión directa, principalmente a través da Axencia Executiva Europea nos ámbitos da Saúde e Dixital (HaDEA), ou mediante xestión indirecta a través de organizacións internacionais que traballen no eido da saúde.
Obxetivos
UEproSaúde, más coñecido como EU4HEALTH nas súas siglas en inglés, é a ambiciosa resposta da UE á Covid-19 e irá máis aló da resposta á crise para abordar a resiliencia dos sistemas sanitarios. O programa aplicará, na medida do posible, o enfoque de “Unha soa saúde”, recoñecendo que a saúde humana está relacionada coa saúde animal e o medio ambiente.
Eixes de actuación
En resposta á complexidade dos problemas de saúde, EU4HEALTH apoia unha ampla gama de accións e iniciativas en catro ámbitos de actuación xerais:
- Mellorar e fomentar a saúde na Unión prevención de enfermidades e promoción da saúde; iniciativas internacionais en materia de saúde e cooperación
- Facer fronte ás ameazas transfronteirizas para a saúde: prevención, preparación e resposta ás ameazas transfronteirizas para a saúde; complementar o almacenamento nacional de produtos esenciais relacionados coa crise; crear unha reserva de persoal médico, sanitario e de apoio.
- Mellorar os medicamentos, os produtos sanitarios e os produtos pertinentes para atallar as crises: facilitar medicamentos, produtos sanitarios e produtos pertinentes para a crise, e garantir que sexan alcanzables.
- Reforzar os sistemas sanitarios, a seu resiliencia e a eficiencia dos recursos: reforzar os datos sanitarios, as ferramentas e os servizos dixitais, transformación dixital da asistencia sanitaria; mellorar o acceso á asistencia sanitaria; desenvolver e aplicar a lexislación sanitaria da UE e tomar decisións baseadas en probas; traballo integrado entre os sistemas nacionais de saúde.
EU4HEALTH busca facilitar o camiño cara a unha Unión Europea da Saúde investindo en prioridades sanitarias urxentes como:
- a resposta á crise da Covid-19 e o reforzo da resiliencia da UE fronte ás ameazas transfronteirizas para a saúde
- o Plan Europeo de Loita contra o Cancro, e
- Estratexia Farmacéutica para Europa
- outras áreas, como a dixitalización dos sistemas sanitarios, a redución do número de infeccións resistentes aos antimicrobianos e a mellora das taxas de vacinación.
A UE ampliará as iniciativas que deron bos resultados, como as redes europeas de referencia para as enfermidades raras, e seguirá perseguindo a cooperación internacional en relación coas ameazas e os retos mundiais en materia de saúde.
Beneficiarios
Organizacións sanitarias e ONGs de países da UE ou de países non pertencentes á UE asociados ao programa.
Orzamento e intensidade das axudas
2.450 millóns de euros, + 3.300 millóns de euros procedentes das multas impostas pola UE por incumprimento das normas en materia de Competencia (prezos de 2021).
As subvencións financiadas pola Unión non excederán do 60 % dos gastos subvencionables para unha acción relativa a un obxectivo do Programa ou para o funcionamento dun organismo non gobernamental. En caso de interese excepcional, a contribución da Unión poderá acadar o 80 % dos gastos subvencionables. Considerarase que as accións que teñan un claro valor engadido da Unión teñen un interese excepcional.
No caso das subvencións directas contempladas sen convocatoria de propostas ás redes europeas de referencia ou para o financiamento de accións da OMS, ditas subvencións poderán cubrir ata o 100 % dos gastos subvencionables.
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións, premios e contratacións. Poden firmarse subvencións directas con organizacións internacionais que traballen no eido da saúde.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: HaDEA
Web de contacto
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Ministerio del Interior
Web de contacto