Instrumento de Veciñanza, Desenvolvemento e Cooperación Internacional (IVDCI) – Europa Global

ACCIÓN EXTERNA

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa e indirecta

Base legal

Regulamento (UE) 2021/947 do Parlamento Europeo e do Consello do 9 de xuño de 2021 polo que se establece o Instrumento de Veciñanza, Cooperación ao Desenvolvemento e Cooperación Internacional – Europa Global

Organismo xestor

O programa execútase a través de xestión directa a través das Direccións Xerais de Asociacións Internacionais (DG INTPA), Política Europea de Veciñanza e Negociacións de Ampliación (DG NEAR) e Instrumentos de Política Exterior (FPI), en cooperación co Servizo Europeo de Acción Exterior (EEAS) e a Dirección Xeral de Comercio (DG TRADE), así como a través da xestión indirecta de entidades como as Axencias dos Estados membros da UE ou as organizacións internacionais ou os países socios.

Obxetivos

Defender e promover os valores, principios e intereses fundamentais da UE en todo o mundo para perseguir os obxectivos e principios da súa acción exterior. Entre os obxectivos específicos figuran a erradicación da pobreza, a consolidación, o apoio e o fomento da paz, a democracia, o Estado de Dereito e o respecto dos dereitos humanos, o desenvolvemento sostible e a loita contra o cambio climático. O instrumento contribuirá á promoción do multilateralismo, á consecución, en particular, dos obxectivos de desenvolvemento sostible, a axenda 2030 das Nacións Unidas, o Acordo de París sobre o cambio climático e o fortalecemento das asociacións con terceiros países, incluídos os veciños europeos, sobre a base dos intereses mutuos e a apropiación, co fin de fomentar a estabilización, a boa gobernanza e a creación de resiliencia.

Eixes de actuación

En consonancia cos seus obxectivos específicos, Europa Global opera a través de tres piares:

  • Un piar xeográfico, cunha asignación de 60.380 millóns de euros a distribuír entre os países da veciñanza, os países do África subsahariana, os países de Asia e o Pacífico e os países das Américas e o Caribe.
  • Un piar temático, cunha asignación de 6.360 millóns de euros que complementa o piar xeográfico para financiar actividades vinculadas aos dereitos humanos e democracia, as organizacións da sociedade civil, a paz, estabilidade e prevención de conflitos, e a resposta a retos globais.
  • E un mecanismo de resposta rápida, cunha asignación de 3.180 millóns de euros para financiar accións que necesiten unha resposta urxente por parte da UE.

Europa Global ten un “colchón de fondos sen asignar” de 9.530 millóns de euros que poderá complementar calquera dos programas xeográficos e temáticos, así como o mecanismo de resposta rápida para facer fronte a circunstancias imprevistas, novas necesidades ou retos emerxentes, con especial atención aos países menos avanzados.

Beneficiarios

Terceiros países e beneficiarios de todo o mundo (con especial atención aos países menos desenvolvidos), organizacións internacionais, organismos privados, etc.

Orzamento e intensidade das axudas

79.460 millóns de euros, + 1.130 millóns de euros procedentes do antigo Fondo Europeo de Desenvolvemento (prezos de 2021).
Europa Global establece un cadro normativo xeral, e non se definen de forma específica todos os modos de cooperación derivados do Instrumento. Así, sobre base das programacións plurianuais e os plans de acción e as distintas medidas acordadas derivadas dos mesmos, lánzanse os procedementos de licitación para fornecer asistencia técnica aos países beneficiarios; as convocatorias de subvencións para financiar accións da sociedade civil; negócianse os convenios de financiamento cos países socios para o apoio orzamentario; e/ou se delegan tarefas de execución orzamentaria ás axencias de desenvolvemento dos Estados Membros ou a organizacións internacionais como as Nacións Unidas ou o Banco Mundial, coas cales a UE colabora e traballa conxuntamente.
Esta lóxica aplícase tanto á execución dos programas xeográficos como dos temáticos. Dada a súa natureza, as accións de resposta rápida non son programadas e son despregadas directamente.

Observacións

Europa Global abrangue aos antigos instrumentos de Veciñanza, Cooperación ao Desenvolvemento, Democracia e Dereitos Humanos, Estabilidade e Paz, e Asociación, así como o Fondo de Garantía e o Fondo Europeo de Desenvolvemento, que ata o de agora estaba fóra do MFP. Supón un incremento do 12% dos fondos dedicados á acción exterior e pretende achegar flexibilidade á acción exterior co novo alicerce de resposta rápida.
O financiamento proporciónase en forma de subvencións, contratacións e apoio orzamentario aos países socios.

Ligazóns de interese

Web do programa

Puntos de información a nivel europeo

Para solicitar unha subvención: DG INTPA
Para presentarse a unha licitación: Portal Funding & Tenders – EU External Action (RELEX)
Para presentarse convocatorias nas Delegacións da UE no exterior: Portal do Servizo de Acción Exte- rior da UE – seleccionar país + “Jobs&Funds”