- Este evento pasou.
EU AgRI 2040 Conference
A conferencia centrarase na Comunicación adoptada recentemente: «Novo enfoque estratéxico de investigación e innovación para unha agricultura, unha silvicultura, unhas zonas rurais e uns sistemas alimentarios competitivos, resilientes e sostibles: preparar o sector agroalimentario da UE para o futuro mediante AgRI 2040 e Food 2040».
O encontro, que se celebrará os días 24 e 25 de setembro en Bruxelas, ofrecerá a oportunidade de establecer contactos cos principais axentes do sector e contribuír á definición das prioridades do próximo Programa Marco de Investigación e Innovación da UE, Horizonte Europa, e do futuro Fondo Europeo de Competitividade.
Durante as dúas xornadas, responsables políticos, persoal investigador, agricultores, silvicultores, empresas, axentes innovadores, empresas emerxentes, pemes, persoal asesor, ONG e outras partes interesadas intercambiarán ideas e colaborarán na definición das prioridades da próxima xeración de políticas europeas de investigación e innovación para a agricultura, a silvicultura e as zonas rurais (AgRI 2040).
A conferencia poderá seguirse en liña.