Boletín nº 43 | Actualidade da UE dende unha perspectiva galega

22/09/2023 |

O discurso sobre o estado da Unión inaugurou un ano máis o curso político europeo. Tras facer balance dos tres anos de mandato, nos que houbo de facer fronte a unha pandemia, unha crise económica e unha guerra en territorio europeo, Ursula von der Leyen anunciou as prioridades para os oitos meses que restan antes das vindeiras eleccións europeas. Os retos da Intelixencia Artificial e da industria e a escaseza de persoal cualificado foron tamén algúns dos temas mais relevantes.

En Santiago de Compostela déronse cita os ministros europeos e latinoamericanos de Economía para avanzar na estratexia de investimentos acordada en xullo no Cumio UE-CELAC. No marco da Presidencia española do Consello, destacamos tamén dúas importantes citas anuais que se celebrarán en España: o foro anual dedicado á industria e o dedicado á mobilidade urbana.

Entre as convocatorias abertas salientamos a relativa á retención de persoas con talento en municipios pequenos e medianos, e a destinada a pemes no sector turístico.

Discurso estado da Unión von der Leyen 2023