Que é Teceuropa?
Un curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa e destinado a entidades galegas públicas e privadas que buscan unha especialización na materia.
TecEuropa celebra a súa vixésima quinta edición en Bruxelas do 17 ao 19 de novembro. Haberá un aforo máximo de 30 participantes e a asistencia é de balde.
O período de inscrición está aberto ata o vindeiro 8 de outubro.
Como se fará a selección dos participantes?
Realizarase por orde de inscrición, garantindo un equilibrio entre entidades públicas e privadas.
Máis información sobre TecEuropa
Programa TecEuropa | 25ª Edición
| Martes, 17 de novembro | |
| 9:00-10:00 | Benvida e presentacións |
| 10:00-13:00 | Curso de financiamento comunitario |
| 16:00-17:00 | Visita ao Parlamento Europeo (por confirmar) |
| Mércores, 18 de novembro | |
| 9:00-12:00 | Curso de financiamento comunitario |
| 14:00-16:00 | Visita ao Comité Europeo das Rexións e ao Comité Económico e Social |
| Xoves, 19 de novembro | |
| 9:00-12:00 | Curso de financiamento comunitario |
| 12:00-13:00 | Sesión final de conclusións |
| 14:30-17:00 | Visita á Comisión Europea |