Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias FGE
      • Memoria da Fundación Galicia Europa 2025
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Colaboracións coa revista ECO
  • Actividades
    • Encontros virtuais Xunta-UE
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda
    • Proxectos europeos FGE
    • Defensa de Galicia ante a UE
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • A lingua galega na UE
    • Futuro orzamento europeo
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Convocatorias de interese para Galicia
    • Premios #EuropaXunta 2026
    • Boletín de financiamento comunitario
  • Follow
  • Follow
  • Quen somos?
  • Transparencia
  • Novas
  • Bolsas
  • Análise FGE da actualidade comunitaria
  • #EuroXuventude
  • Boletín electrónico FGE
  • Actividades FGE
  • LinkedIn
  • Instagram
  • X
  • Español
  • English

Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Cohesión » Polybris, recoñecido como proxecto europeo do ano en Galicia nos Premios #EuropaXunta 2026

Polybris, recoñecido como proxecto europeo do ano en Galicia nos Premios #EuropaXunta 2026

06/11/2026 | Premios #EuropaXunta

— O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, entregou os galardóns da terceira edición e defendeu unha política de cohesión forte, con financiamento suficiente e participación efectiva das rexións

— Tamén resultaron premiados os proxectos CEL_RURAL, Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH), o programa YAM, a Residencia de Artistas Artistea e LIFE FLUVIAL

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026. Polybris foi recoñecido como Proxecto Europeo do ano en Galicia durante a cerimonia de entrega da terceira edición dos Premios #EuropaXunta, celebrada o xoves 5 de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela.

O proxecto, coordinado desde Galicia polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), é unha iniciativa de economía circular que transforma os residuos plásticos recollidos no mar e nas praias en materiais que contribúen á descontaminación da auga e ao equilibrio ecolóxico do medio mariño. A iniciativa recibiu tamén o premio da categoría #EuropaXunta Intelixente, Competitiva e Dixital.

Os Premios #EuropaXunta, organizados pola Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, buscan recoñecer e dar visibilidade aos proxectos que contribúen ao desenvolvemento económico e social de Galicia grazas ao financiamento da Unión Europea.

Seis proxectos recoñecidos en cinco categorías

Ademais de Polybris, o proxecto CEL_RURAL foi premiado na categoría #EuropaXunta Verde e Conectada, mentres que Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH), no que participou a Fundación Galicia Europa, recibiu o galardón de #EuropaXunta Educación, Emprego e Inclusión Social. O programa YAM, centrado na promoción da saúde mental e na prevención do suicidio entre a mocidade, foi recoñecido na categoría #EuropaXunta Innovadora e Novidosa.

Na categoría de #EuropaXunta Ámbito Local concedéronse dous premios: un á Residencia de Artistas Artistea, promovida polo Concello de Ponteareas, e outro a LIFE FLUVIAL, pola restauración de hábitats naturais na ría de Ribadeo.

Podes consultar todos os proxectos premiados e candidatos na web dos Premios #EuropaXunta 2026.

Galicia defende unha política de cohesión forte

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, felicitou as persoas responsables dos proxectos premiados e lembrou que os fondos europeos continúan sendo un instrumento fundamental para a transformación, modernización e converxencia económica e social de Galicia, con proxectos que contribúen a mellorar a vida das persoas e a xerar novas oportunidades en todo o territorio galego.

Os resultados son a mellor defensa dos fondos europeos, concluíu Corgos, e a mellor forma de garantir a súa continuidade “é demostrar que somos capaces de xestionalos con responsabilidade, eficacia e visión de futuro”.

Por iso, sinalou o conselleiro, Galicia defende unha política de cohesión forte, cun financiamento suficiente e coa participación efectiva das rexións na planificación e na xestión do Marco Financeiro 2028-2034 da Unión Europea.

“A simplificación dos procedementos non pode supoñer unha maior centralización nin unha perda de capacidade de decisión dos territorios”, afirmou Corgos durante o acto de entrega dos premios da terceira edición do concurso #EuropaXunta, que pon en valor as actuacións das administracións galegas co apoio da UE.

O conselleiro de Facenda advertiu que os fondos non producen resultados «por si sós», senón que é preciso identificar as necesidades, seleccionar proxectos de calidade e contar coa capacidade de xestión necesaria para executalos correctamente, “no que Galicia ten unha ampla experiencia”.

Miguel Corgos avanzou que a Xunta xa está a preparar a súa estratexia para 2028-2034, identificando os investimentos e as reformas prioritarios e traballando na elaboración dun posible capítulo rexional. A pesar das incertezas sobre a configuración dos novos instrumentos financeiros, “queremos chegar ao próximo período cunha planificación sólida, adaptada ás necesidades de Galicia e preparada para aproveitar ao máximo as oportunidades de financiamento europeo”.

Máis información: Xunta de Galicia

Revive aquí a cerimonia completa de entrega dos Premios #EuropaXunta 2026:

© Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

A Xunta busca os mellores proxectos europeos de Galicia

10/06/2026 | Premios #EuropaXunta

Membros do padroado

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Galegos en Bruxelas
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
Logo Fundación Galicia Europa
  • Contacto
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Follow
  • Follow
  • Follow
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}