Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » España recibe 1.100 millóns de euros no marco de REACT-EU para protexer o emprego e apoiar a recuperación económica

España recibe 1.100 millóns de euros no marco de REACT-EU para protexer o emprego e apoiar a recuperación económica

08/03/2022 |

— Este financiamento adicional destinarase a financiar os ERTE e súmase aos 21.300 M€ prestados no marco da iniciativa SURE.

 
 

Bruxelas, 8 de marzo de 2022. – No marco da recuperación post-pandemia, a Comisión Europea vén de conceder un total de 1.100 millóns de euros adicionais a España no marco da Axuda á Recuperación para a Cohesión e os Territorios de Europa (REACT-UE). Estes novos recursos asignaranse ao programa operativo plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014- 2020.

Estes recursos adicionais apoiarán os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTEs) co obxectivo de axudar a que máis de 125.000 persoas manteñan os seus postos de traballo e a que as empresas manteñan as súas operacións. Para este mesmo obxectivo, España xa recibira 21.300 millóns de euros en forma de préstamo a través do mecanismo de Apoio Temporal para Mitigar o Desemprego, os Riscos e as Emerxencias (SURE). 

 

Contexto 

REACT-UE forma parte do NextGenerationEU e proporciona 50 600 millóns de euros de financiamento adicional (a prezos correntes) ao longo de 2021 e 2022 para os programas da política de cohesión 2014-2020.
España é o primeiro país beneficiario de REACT-EU, con case 14.500 M€ dispoñibles, dos que 11.600 obtiveron o visto bo da Comisión a través da modificación dos programas operativos correspondentes. Ata agora, recibiu un prefinanciamento de 1.200 M€ e un desembolso de 50M €.

Máis información:   

Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data