Bruselas, 11 de xuño de 2008.- A Cámara Oficial de Comercio de España en Bélxica e Luxemburgo acolleu o pasado 19 de xuño, de 18,30 a 20,30 horas, a degustación oficial do viño branco galego Terra de Asorei Albariño a iniciativa da Fundación Galicia Europa, no marco dun Curso de Cata de Viños. A presentación, dirixida ós principais importadores de viño do Benelux e a outras persoas interesadas, estivo a cargo do coñecido enólogo francés Patrick Fiévez.

Durante o curso, Fiévez encargouse de explicar ós importadores e afeccionados a historia dos viñedos da zona do Salnés ( Pontevedra) que conforman a Denominación de Orixe Rías Baixas que tamén presenta o viño Terra de Asorei, así como de ofrecer unha detallada descrición das características do viño. Mentres tiña lugar a presentación, os asistentes ó curso puideron degustar o viño galego que recibiu valoracións moi positivas.


Terra de Asorei Albariño

A agrupación de interese económico Terra de Asorei componse de 16 colleiteiros de viño Albariño pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas, situada no Val do Salnés ( Pontevedra, Galicia). Todos eles suman máis de 140 hectáreas de viñedo, dotando a Terra de Asorei dunha capacidade de elaboración inicial dun millón de botellas de Albariño.