Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » A Fundación Galicia Europa participa na OMIX de Ribadavia no encontro sobre Oportunidades para a mocidade en Europa

A Fundación Galicia Europa participa na OMIX de Ribadavia no encontro sobre Oportunidades para a mocidade en Europa

22/10/2021 |

  • A coordinadora de Euroxuventude da FGE, Pilar del Oro Sáez, presentou as oportunidades que existen para a mocidade na Unión Europea

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2021. A Fundación Galicia Europa vén de participar no encontro sobre Oportunidades para a mocidade en Europa celebrado na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia o día 21 de outubro ás 11:00 horas. A coordinadora de Euroxuventude da FGE, Pilar del Oro, presentou as oportunidades que existen para a mocidade na Unión Europea a través da súa participación en distintos programas de emprego, prácticas e outros proxectos ou actividades cunha dimensión transnacional e pensados para eles.

Durante o evento, ao que asistiron 30 mozos, tamén se contou coa participación de Belén Mendoza, responsable de proxectos europeos na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, que presentou o programa Erasmus para Emprendedores, que permite a emprendedores novos aprender en Europa da man de empresarios experimentados.

Ademais, o programa incluíu a participación de Álvaro Criado, un novo emprendedor que traballa en Irlanda e está a facer unha estadía na Bodega Lombre, que contou a súa experiencia persoal no programa así como os beneficios do mesmo; e Javier Morales, de Coutomixtour, empresa de acollida, que puxo de releve o interese dos pequenos emprendedores en acoller á mocidade de calquera dos Estados e presentou o seu proxecto empresarial.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas