Actualidad

Portada » Actualidad » Noticias » Galicia en la UE » Economía y Finanzas » Galicia apuesta por reforzar el papel de las regiones costeras en la nueva estrategia industrial marítima de la UE

Galicia apuesta por reforzar el papel de las regiones costeras en la nueva estrategia industrial marítima de la UE

06/10/2026 | ,

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na reunión da Comisión ECON do Comité Europeo das Rexións, celebrada en Galway no marco da presidencia irlandesa do Consello da UE

— Galicia leva a voz das rexións marítimas ao debate sobre o futuro da industria naval europea

Galway (Irlanda), 6 de outubro de 2026. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da Comisión de Política Económica (ECON) do Comité Europeo das Rexións, na que se aprobou o ditame sobre a Estratexia Industrial Marítima da UE. Esta iniciativa, presentada pola Comisión Europea en marzo de 2026, pretende reforzar a competitividade, a sustentabilidade e a autonomía estratéxica do sector marítimo europeo.

Durante o debate, Galicia trasladou o seu apoio á iniciativa europea e destacou a importancia de que as rexións e entidades locais participen de maneira efectiva na súa aplicación. Neste contexto, Gamallo advertiu que o éxito da estratexia dependerá de combinar a ambición industrial europea cunha verdadeira gobernanza multinivel.

O director xeral puxo en valor a posición de Galicia como rexión marítima de referencia, destacando a capacidade do sector para integrar estaleiros, industria auxiliar, centros tecnolóxicos e administracións nun ecosistema innovador e competitivo.

Galicia tamén reclamou máis financiamento europeo para impulsar a modernización dos portos e da industria marítima e reducir as trabas administrativas aos investimentos. Ademais, apostou por que a futura Alianza das Cadeas de Valor Industriais Marítimas da UE dea voz ás rexións, aos clústeres e ás pemes, claves para a competitividade do sector.

A axenda da Comisión ECON incluíu tamén outros expedientes de relevancia para a competitividade europea, como o ditame sobre o Regulamento de Chips 2.0 e o documento de traballo relativo á futura Lei de desenvolvemento da computación na nube e a intelixencia artificial, dúas iniciativas estratéxicas para reforzar a capacidade tecnolóxica e industrial da Unión Europea.

Comisión ECON

No mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participa na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na Comisión de Política Económica (ECON). Esta última elabora ditames sobre economía, industria ou competencia, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos en relación coa política económica, industrial e comercial comunitaria.  

Máis información: Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Fecha