Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » Aberta a convocatoria do programa Young Elected Politicians 2025

Aberta a convocatoria do programa Young Elected Politicians 2025

24/02/2025 |

— O programa Young Elected Politicians ofrece aos representantes políticos rexionais e locais, nados a partir de 1990, acceso a eventos, seminarios, formacións e encontros con líderes políticos europeos.

— Para participar, é necesario enviar a solicitude antes do 1 de maio a través da seguinte ligazón.

Bruxelas, 24 de febreiro de 2025. O Comité Europeo das Rexións lanza unha nova convocatoria do programa Young Elected Politicians (YEP) para 2025. Esta iniciativa, que xa conta cunha rede de máis de mil participantes desde o seu inicio, está dirixida a representantes políticos locais e rexionais que desexen ampliar os seus coñecementos sobre políticas europeas, establecer contactos con participantes doutros países e contribuír activamente ao futuro da UE.

O programa, posto en marcha polo Comité Europeo das Rexións no 8ª Cumio Europeo de Rexións e Cidades en 2019, ofrece aos participantes acceso a eventos, seminarios, formacións e encontros con líderes políticos europeos. O seu obxectivo principal é reforzar o papel dos representantes locais e rexionais na gobernanza da Unión Europea, crear un espazo para o intercambio de experiencias e boas prácticas e darlles a oportunidade aos participantes de intervir no Comité das Rexións e de colaborar en iniciativas políticas clave.

Requisitos e como participar

Para optar a unha praza no programa, é necesario contar cun mandato electo nun goberno rexional ou local dentro dun Estado Membro da Unión Europea e ter nacido despois do 1 de xaneiro de 1990.

Todos/as os/as interesados/as poden consultar máis información e presentar a súa candidatura a través da seguinte ligazón.

 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data