Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Proxectos Europeos » Os socios de YouLeaders avalían os primeiros resultados do proxecto en Portugal

Os socios de YouLeaders avalían os primeiros resultados do proxecto en Portugal

08/05/2024 | ,

— Portugal acolleu a que foi a primeira reunión presencial do comité técnico do proxecto europeo YouLeaders.

— Nela reuníronse seis de los socios procedentes de Italia, Portugal e Galicia, entre eles a Fundación Galicia Europa.

Santa María da Feira, 8 de maio de 2024. Durante os días 7 e 8 de maio, a cidade portuguesa Santa María da Feira acolleu unha reunión entre os socios galegos, italianos e portugueses do proxecto europeo YouLeaders. Tratouse do primeiro encontro presencial do comité técnico, organizado co fin de intercambiar os resultados da fase de proba e de revisar o transcurso do proxecto. 

Máis concretamente, na reunión celebrada esta semana participaron a Fondazione Comunitaria di Agrigento e Trapani, a Universitá degli Studi LINK, LugOpenFactory, a Fundación Galicia Europa, Cáritas Portuguesa e Rosto Solidário. 

As seis entidades socias avaliaron o desenvolvemento de liderado obtido polos mozos do rural que participaron nas distintas actividades e eventos que xa tiveron lugar no marco do proxecto. Tamén do curso híbrido, no que se expuxeron algunhas actividades para a súa evolución, talles como unha guía para formar aos mozos participantes de YouLeaders.

 

YouLeaders en Galicia

Durante o encontro, a Fundación Galicia Europa resaltou a formación realizada no Concello de Vedra en marzo, na que participaron doce mozos de entre 16 e 19 anos implicados no programa municipal de voluntariado xuvenil. Consistiu na realización dunha serie de actividades enmarcadas na campaña “Unha árbore por Europa”. 

Os mozos participantes puideron plantar 15 árbores para, a través desta acción, aumentar o seu compromiso coa sustentabilidade local e contra a deforestación en Europa. Tiveron a oportundiade de interactuar con axentes ambientais, a Asociación Ambiental Amabul e a brigada forestal, ademais de con representantes da Fundación Galicia Europa, como Pilar do Ouro, coordinadora do proxecto.

Tamén realizaron un curso híbrido dirixido ao desenvolvemento persoal e socioprofesional da mocidade, no que se falou da teoría do cambio ou o design thinking.

Contexto

Enmarcado no programa Erasmus+ proxecto YouLeaders (Líderes Comunitarios en Zonas Rurais do Suroeste de Europa) é un dos diversos proxectos europeos dedicados á xuventude nos que participa a Fundación Galicia Europa. Durante os seus dous anos de duración, buscará promover a cidadanía activa e ten como obxectivo formar e habilidades de liderado entre os mozos de entre 14 e 19 anos das zonas rurais do suroeste de Europa.

Estes mozos, por vivir en zonas rurais, enfróntanse ao problema da mala calidade do emprego, o desemprego e a fenda dixital, cuestións que afectan a múltiples rexións de España e Europa. O proxecto está interesado en promover o desenvolvemento rural sostible, facilitando o acceso destes mozos a novas oportunidades laborais.

Máis información: YouLeaders

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data