Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade con motivo do Día de Europa

A Fundación Galicia Europa organiza unha xornada de debate entre a mocidade con motivo do Día de Europa

10/05/2024 |

— A xornada de debate foi organizada pola FGE en colaboración con Equipo Europa e coa Asociación de Debate Universitario Retórica da Universidade de Vigo

— O evento contou coa participación do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, que falou sobre a renovación do ciclo institucional europeo

Vigo, 10 de maio de 2024. No marco da celebración do Día de Europa, a Fundación Galicia Europa (FGE) organizou unha xornada de debate xunto coa asociación xuvenil Equipo Europa e coa Asociación de Debate Universitario Retórica da Universidade de Vigo que tivo lugar este venres no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. O acto tiña como obxectivo abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea.

A inauguración correu a cargo do director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, que empregou a súa intervención para sensibilizar aos asistentes sobre o impacto da Unión Europea e sobre as eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar no vindeiro mes de xuño. Para iso, explicou como algunhas políticas comunitarias afectan tanto á sociedade galega no seu día a día, particularmente á mocidade, como a Galicia no seu conxunto.

Os comicios europeos foron tamén unha das temáticas principais que se abordaron tanto durante o debate de exhibición como na mesa redonda sobre o papel da xuventude europea, as dúas actividades que conformaron o programa da xornada.

En palabras do director xeral “o futuro da nosa terra tamén depende en grande medida das decisións que se toman a nivel europeo; pensade nas axudas postas en marcha dende a Unión para apoiar aos agricultores ou na necesidade dunha política pesqueira común que promova a sostibilidade sen deixar atrás ás miles de familias galegas que dependen da pesca.” Achegou, ademais, os labores de defensa destes intereses galegos ante as institucións europeas que realiza a FGE, entidade da Xunta que tamén encabeza.

Os comicios europeos foron tamén unha das temáticas principais que se abordaron tanto durante o debate de exhibición como na mesa redonda sobre o papel da xuventude europea, as dúas actividades que conformaron o programa da xornada. A segunda das mencionadas contou coa participación da subdirectora xeral de Relacións coa Unión Europea, Mar Rodríguez.

As eleccións europeas de xuño 

As eleccións europeas son o principal acontecemento da axenda política comunitaria, que marca o inicio da renovación institucional da Unión Europea. O vindeiro mes de xuño os 450 millóns de cidadáns dos 27 países da Unión terán a oportunidade de escoller aos 720 eurodeputados que conformarán o Parlamento Europeo na súa décima lexislatura, e que participarán da designación dos altos cargos das outras institucións.

A FGE ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia de cara ás eleccións europeas deste ano.

Máis aló desta competencia, a misión do Parlamento é representar directamente aos cidadáns europeos, permitíndolles contar coa súa propia voz no proceso de toma de decisións, en pé de igualdade coa Comisión Europea e os gobernos nacionais.

A FGE ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia de cara ás eleccións europeas deste ano. En liña co seu compromiso con acercar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña está principalmente destinada aos mozos e mozas.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data