Actualidade
Portada » Actualidade »Von der Leyen propón un comisario específico de pesca, como reclamaba Galicia
— A presidenta da Comisión Europea vén de facer pública a súa proposta de repartimento de carteiras para o mandato que está a comezar
— Para seren nomeados comisarios, os seleccionados por Ursula von der Leyen deberán acadar o aval do Parlamento Europeo
Bruxelas, 17 de setembro de 2024. A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, compareceu no Parlamento Europeo para facer pública a súa proposta de comisarios para o mandato que acaba de comezar. Os seleccionados por von der Leyen deberán someterse agora ao exame da Eurocámara, que terá que avalar o seu nomeamento definitivo. Do contrario, a presidenta deberá designar candidatos alternativos.
Entre as novidades no repartimento anunciado por von der Leyen está a dunha carteira específica de pesca, unha das reivindicacións nas que traballou Galicia ao longo do anterior mandato. En novembro do ano pasado, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, acadou a luz verde do Comité Europeo das Rexións ao ditame galego de pesca que recollía a necesidade de separar as competencias de pesca das de medio ambiente.
Resto de carteiras
A presidenta propón un colexio de comisarios con seis vicepresidentes executivos. Entre eles, a española Teresa Ribera, que asumiría a carteira de Transición Limpa, Xusta e Competitiva. En total, 27 comisarios: un por cada un dos países que conforman a Unión, como se recolle nos tratados.
Máis información:
Anuncio de von der Leyen no Parlamento Europeo (@vonderleyen)
Cartas de misión (Comisión Europea)
Comisión Europea