Actualidade

Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Vertedura no mar de granulados: lexislación europea aplicable

Vertedura no mar de granulados: lexislación europea aplicable

30/01/2024 |

No seu camiño ao porto neerlandés de Rotterdam, o buque Toconao, de bandeira liberiana, perdeu o pasado 8 de decembro seis contedores de carga a 80 km de Viana do Castelo (Portugal). Estímase que o buque verteu máis de mil sacos de 25 quilos de granulados (unhas 26,2 toneladas), que poucos días despois comezaron a chegar ás praias galegas, así como ao resto da costa norte española.

A FGE analiza a continuación dous expedientes lexislativos que están a debate a nivel europeo en relación con este tipo de accidentes: o relativo á contaminación mariña orixinada por buques, dentro do paquete lexislativo que revisa a normativa en materia de seguridade marítima, e a nova proposta de regulamento sobre prevención das perdas de granulados para reducir a contaminación por microplásticos.

Vertedura de granulados, pellets

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data