Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Ursula von der Leyen pronuncia o primeiro discurso sobre o estado da Unión en tempos de guerra

Ursula von der Leyen pronuncia o primeiro discurso sobre o estado da Unión en tempos de guerra

15/09/2022 |

— A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, pronunciou o discurso sobre o estado da Unión (SOTEU), no cal planta cara a Putin e tende a man a Ucraína.

— Von der Leyen realizou unha análise exhaustiva do contexto actual, priorizando a enerxía, a economía social de mercado e a política exterior.

Bruselas, 15 de setembro de 2022. A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, pronunciou o discurso sobre o estado da Unión (SOTEU), no cal planta cara a Putin e tende a man a Ucraína. A unidade entre a Unión Europea e Ucraína materializouse onte no Parlamento Europeo coa presenza de Olena Zelenska, primeira dama ucraína.

A presidenta da Comisión realizou unha análise exhaustiva do contexto actual, priorizando a enerxía, a economía social de mercado e a política exterior. O SOTEU 2022 foi un discurso marcado pola épica e un forte chamamento á unidade ante a guerra, vertebrado por propostas reais e maioritariamente apoiado polos eurodeputados presentes.

Ursula von der Leyen sinalou: «As institucións democráticas deben gañarse unha e outra vez a confianza dos cidadáns. Debemos estar á altura dos novos retos que a historia nos expón sempre, tal como fixeron os europeos cando millóns de ucraínos chamaron ás súas portas. Esta é a mellor versión de Europa: unha Unión de determinación e solidariedade».

A presidenta da Comisión realizou unha análise exhaustiva do contexto actual, priorizando a enerxía, a economía social de mercado e a política exterior. O SOTEU 2022 foi un discurso marcado pola épica e un forte chamamento á unidade ante a guerra, vertebrado por propostas reais e maioritariamente apoiado polos eurodeputados presentes.

Ucraína

Respecto a as axudas a Ucraína, a Unión Europea doará 100 millóns de euros para a reconstrución de escolas. Ademais, integrará a Ucraína no Mercado Único a través de medidas como a suspensión dos dereitos de importación ás exportacións ucraínas. Por último, von der Leyen mencionou o obxectivo de incluír a Ucraína no espazo europeo de itinerancia gratuíta – roaming.

Enerxía e Clima

A enerxía foi o tema central do discurso. En canto á electricidade, a presidenta da Comisión apelou aos cidadáns europeos a reducir o consumo enerxético durante as horas punta.

Así mesmo, anunciou que a UE limitará os ingresos das empresas que producen electricidade a baixo custo. Esta medida estímase que reportará un beneficio duns 140.000 millóns de euros. Do mesmo xeito, o mercado da electricidade experimentará unha reforma profunda e integral. A fin de reducir o prezo, tomaranse medidas para reducir a volatilidade diaria, incluiranse as enerxías renovables de baixo custo no sistema de orde de mérito e se desligará o gas da electricidade.

Debido á utilización do gas como arma xeoplítica por parte de Rusia, a presidenta von der Leyen anunciou a necesidade de aliñarnos con provedores fiables como Estados Unidos ou Noruega.

Dentro das fontes de enerxía verde, cabe destacar a creación do Banco Europeo do Hidróxeno, financiado con 3.000 millóns do Fondo de Innovación, para construír un mercado do hidróxeno funcional. Por último, a UE aumentará a súa frota de prevención e extinción de incendios e promoverá un acordo en favor da natureza na próxima Conferencia das Nacións Unidas sobre Biodiversidade.

Así mesmo, anunciou que a UE limitará os ingresos das empresas que producen electricidade a baixo custo. Esta medida estímase que reportará un beneficio duns 140 000 millóns de euros. Do mesmo xeito, o mercado da electricidade experimentará unha reforma profunda e integral. A fin de reducir o prezo, tomaranse medidas para reducir a volatilidade diaria, incluiranse as enerxías renovables de baixo custo no sistema de orde de mérito e se desligará o gas da electricidade.

Economía e Industria

A presidenta da Comisión destacou avances en fiscalidade. En primeiro lugar, anunciaranse en outubro de 2022 novas medidas sobre gobernanza económica para que os Estados membro reduzan a súa débeda con maior flexibilidade e responsabilidade. Por outra banda, as PEMES experimentarán unha mellora de condicións grazas ao pack de medidas fiscais BEFIT e á revisión da Directiva sobre morosidade.

Ursula von der Leyen, propuxo que 2023 sexa o Ano Europeo da Formación e sobre todo da Formación Continua. Desta maneira, xerarase unha sinerxia entre as habilidades dos traballadores e as necesidades das empresas.

Finalmente, anunciou a creación da Lei Europea de Materias Primas Fundamentais para evitar a dependencia de China. Nesta liña, tamén fixo mención do novo fondo europeo de soberanía.

Política Exterior

Debido á confrontación actual entre democracias e autocracias, a UE ten que converterse nunha actor global con incidencia real. Para isto, debe comezar por favorecer a anexión dos Balcáns Occidentais, Ucraína e Moldavia. Esta ampliación producirase en base ao novo enfoque de comunidade europea que a Comisión Europea exporá ao Consello.

En canto ao investimento internacional e a promoción dos valores democráticos, a UE continuará implementando proxectos a través do Global Gateway e creará un Pacto para a Defensa da Democracia.

Estado de dereito e Migración

O respecto ao estado de dereito seguirá sendo unha prioridade para a presidenta da Comisión. Neste ámbito, reforzarase a loita contra a corrupción mediante un novo marco lexislativo e tratarase de incluír dentro do réxime de sancións de dereitos humanos.

En relación cos dereitos humanos, a migración segue sendo un debate prioritario, á vez que delicado. Ursula von der Leyen resaltou a necesidade dunha vontade política por parte dos Estados membros para poñer en marcha o Novo Pacto sobre Migración e Asilo.

Futuro de Europa

A presidenta da Comisión Europea informou de que a participación cidadá na Unión Europea permanecerá activa a través dos paneis cidadáns que se puxeron en práctica durante a Conferencia sobre o Futuro de Europa (CoFoE). Esta ferramenta permitirá á Comisión coñecer as necesidades da sociedade e poñer en práctica as súas propostas, como a nova iniciativa en saúde mental.

Contexto

Cada ano, en setembro, a presidenta da Comisión Europea pronuncia o discurso sobre o estado da Unión ante o Parlamento Europeo. Nel, fai balance dos logros do ano anterior e presenta as prioridades para o ano seguinte. No seu discurso, a presidenta expón tamén como fará fronte a Comisión aos retos máis perentorios da Unión Europea e formula ideas para o futuro da UE.

Máis información: Comisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data