• A través das redes sociais, concursos e materiais promocionais, a Comisión Europea quere publicitar espazos descoñecidos do continente

Bruxelas 19 de xullo de 2016. A Comisión Europea ten en marcha unha campaña de promoción turística do continente europeo, Europe, Wonder Is All Around, centrada na participación cidadá e na posta en común de experiencia e destinos pouco coñecidos que reflexen a diversidade da oferta turística europea.

A campaña ten como eixo fundamental a plataforma Wonder Map que, conectada á conta de Facebook do usuario, permitiralle a este compartir información sobre as súas viaxes en Europa baixo catro categorías: Atopa a túa cor favorita, Europa é o teu reino, Nunca te sintes só e Beleza extraordinaria. Entre os usuarios desta aplicación sortearanse tickets de tren para viaxar por Europa.

A plataforma, ademais, ten un componente lúdico, xa que a través dela os cidadáns poderán participar nun xogo consistente en adivinar diferentes paisaxes e sitios de interés ao longo do continente. Neste caso tamén haberá premio para o mellor xogador de cada unha das semanas -7 en total- que durará o xogo: unha guía de viaxes de Europa.
As redes sociais tamén see movilizan para darlle difusión á campaña baixo a etiqueta #MyWonderfulEurope.