Bruxelas, 4 de novembro de
2015.-
Eurocities e KEA
European Affairs, en colaboración con ERRIN, lideran “Cultura para as cidades e
rexións”, un novo proxecto financiado polo programa Europa Creativa. O
obxectivo é favorecer o intercambio de boas prácticas entre os representantes e
técnicos rexionais e locais tanto en termos de planificación de políticas como
da súa execución e axudando ás rexións e cidades a mellorar as súas estratexias
culturais a través de asesoramento.

Do mesmo xeito, queda tamén aberto o prazo para participar en cinco visitas
de estudo temáticas. A convocatoria está aberta ata o 2 de decembro e diríxese
a representantes da administración rexional e local de Europa de ata 10 rexións
ou cidades para cada visita de estudo. Pódese consultar toda a información
aquí.

O proxecto Cultura para as cidades e rexións presentarase en Bruxelas o
vindeiro 26 e 27 de novembro no Foro Europeo da Cultura.

Investir en cultura paga a pena, tal e como demostran máis de case 70
estudios
que amosan o impacto de investir en cultura no desenvolvemento
económico, a inclusión social e a rexeneración urbana. Estes estudios están
enfocados en tres temas: herencia cultural como promotor de crecemento urbano e
económico; cultura para a inclusión social e innovación social e diálogo
intercultural.

Máis información