Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Un Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidaridade máis inclusivos

Un Erasmus+ e Corpo Europeo de Solidaridade máis inclusivos

26/10/2021 | ,

  • O pasado 22 de outubro, a Comisión Europea adoptou un marco para facer dos programas Erasmus + e Corpo Europeo de Solidaridade máis equitativos e inclusivos a través de apoio financieiro específico e personalizado aos participantes e organizacións e unha oferta de aprendizaxe máis flexible, en liña co novo Espazo Europeo de Educación e o primeiro principio do Piar Europeo de Dereitos Sociais. 
Bruxelas, 26 de outubro de 2021. A Comisión vén de adoptar un marco para aumentar o carácter inclusivo e diverso do programa Erasmus+ e do programa do Corpo Europeo de Solidariedade para o período 2021-2027. As medidas cumpren o compromiso da Comisión Von der Leyen de reforzar ambos os programas, non só permitindo que moitas máis persoas aprendan ou realicen actividades de voluntariado noutro país, senón tamén chegando a un número cada vez maior de persoas con menos oportunidades.
 
Co marco actual de medidas de inclusión, a Comisión dá un forte impulso para mellorar a equidade e a inclusión no Espazo Europeo de Educación e asume o seu compromiso co primeiro principio do Piar Europeo de Dereitos Sociais, que establece que toda persoa ten dereito a unha educación, formación e aprendizaxe permanente inclusivos e de calidade.
 
Entre as medidas para o programa Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade destacan as seguintes.
  • Apoio financeiro específico: os dous programas proporcionarán un maior apoio financeiro ás persoas con menos oportunidades para cubrir calquera gasto ou necesidade adicional. Desta forma contribuirase a eliminar os obstáculos que lles impiden participar nas actividades dos programas en pé de igualdade cos demais. Tamén se pide ás axencias nacionais e aos axentes que poñen en execución os programas a nivel nacional e local que utilicen outros fondos nacionais ou europeos como complemento do apoio financeiro prestado.
  • Apoio personalizado aos participantes en todas as fases do seu proxecto: os participantes terán a posibilidade de beneficiarse dunha serie de oportunidades (por exemplo, apoio lingüístico, visitas preparatorias ou titorías reforzadas) antes, durante e despois do seu proxecto ou mobilidade para garantir que aproveiten ao máximo a súa experiencia.
  • Apoio ás organizacións participantes: os programas proporcionarán axuda adicional ás organizacións que participen en proxectos inclusivos, desde financiamento adicional para reforzar o desenvolvemento de capacidades ata actividades de formación e de creación de redes no ámbito da inclusión e a diversidade dirixidas ao seu persoal.
  • Oferta de aprendizaxe máis flexible: os programas ofrecen agora unha gama máis ampla de oportunidades de proxectos e mobilidade de diferente duración e formatos para que todos os participantes poidan atopar o que mellor se axusta ás súas necesidades.
  • Prioridade no proceso de selección: os programas inclúen mecanismos para dar prioridade a proxectos de calidade que inclúan a participantes con menos oportunidades e que aborden os temas da inclusión e a diversidade.
  • Notificación e comunicación máis claras: ao comunicar os programas, a Comisión, as axencias nacionais e todos os axentes implicados a nivel nacional e local garantirán a dispoñibilidade de documentos e materiais máis fáciles de usar, accesibles e multilingües. A Comisión seguirá desenvolvendo as súas actividades de seguimento e notificación para supervisar mellor os avances nos esforzos pola inclusión.
 
A Comisión seguirá de preto a aplicación destas medidas de inclusión a nivel nacional a través das axencias nacionais. A fin de abordar mellor os retos específicos para acceder aos programas nos seus contextos nacionais, as axencias nacionais elaborarán os seus propios plans de acción para a inclusión, baseados neste marco xeral de medidas de inclusión. Xa se creou unha rede de responsables da inclusión e a diversidade nas axencias nacionais para facilitar este traballo e o intercambio de boas prácticas. Para garantir o éxito da aplicación das medidas, a Comisión tamén permanecerá en contacto con todos os axentes crave.
 
Contexto
Desde a súa posta en marcha en 1987, Erasmus e os seus programas sucesores han brindado a dez millóns de persoas a oportunidade de estudar, formarse, realizar actividades de voluntariado ou adquirir experiencia profesional no estranxeiro. En 2014 creouse o programa Erasmus+, que integraba todas as iniciativas nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte nun mesmo marco da UE. O novo programa Erasmus+ 2021-2027 púxose en marcha en marzo de 2021 e conta cun maior orzamento: máis de 28 000 millóns de euros.
 
O Corpo Europeo de Solidariedade, que se puxo en marcha en decembro de 2016, existe como un programa financiado pola UE desde outubro de 2018. Cun orzamento específico de máis de 1 000 millóns de euros para o período 2021-2027, o novo programa ofrece oportunidades a uns 275 000 mozos para que contribúan a facer fronte a retos sociais e humanitarios participando como voluntarios ou creando os seus propios proxectos solidarios. A partir de 2022, o programa tamén permitirá aos mozos participar en actividades de voluntariado de axuda humanitaria en todo o mundo, contribuíndo desta maneira para facer fronte aos retos humanitarios en terceiros países seguros e a apoiar as actividades de axuda da UE nestes países.
 
Máis informaciónComisión Europea

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data