24ª edición de TecEuropa

Que é Teceuropa?

Un curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa e destinado a entidades galegas públicas e privadas que buscan unha especialización na materia.

TecEuropa celebra a súa vixésima cuarta edición en Bruxelas do 23 ao 25 de xuño. Haberá un aforo máximo de 30 participantes e a asistencia é de balde.

O período de inscrición está aberto ata o vindeiro 21 de maio.

Como se fará a selección dos participantes?

Realizarase por orde de inscrición, garantindo un equilibrio entre entidades públicas e privadas.

Máis información sobre TecEuropa

 

Programa TecEuropa | 24ª Edición (Provisional)

 

Martes, 23 de xuño
9:00-10:00Benvida e presentacións
10:00-13:30Curso de financiamento comunitario
16:00-17:00Visita ao Consello da UE
Mércores, 24 de xuño
9:00-12:00Curso de financiamento comunitario
14:00-16:00Visita ao Comité Europeo das Rexións e ao Comité Económico e Social
Xoves, 25 de xuño
9:00-11:00Visita ao Parlamento Europeo
11:30-12:30Sesión final de conclusións
14:30-17:00Visita á Comisión Europea