Programa TecEuropa

18ª edición do curso de especialización en financiamento europeo para entidades galegas. Do 14 ao 23 de xuño

Que é TecEuropa?

TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia.

Esta décimo oitava edición de TecEuropa ten lugar de xeito virtual e está destinada a entidades públicas e privadas galegas.

Ao longo de catro sesións, os asistentes poderán abordar, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e á posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.

Cales son os obxectivos do curso?

  1. Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles.
  2. Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Por que asistir?

Tras a súa participación no programa TecEuropa, os asistentes avaliaron positivamente a experiencia por:
  • A oportunidade de obter información de primeira man sobre a actividade das institucións europeas e de identificar as oportunidades de financiamento para o desenvolvemento do traballo nas súas entidades.
  • A visión xeral ofrecida do financiamento comunitario.
  • Os contactos establecidos con persoas doutras entidades en Galicia que desenvolven proxectos europeos ou xestionan fondos comunitarios.
  • A posibilidade de poñer en común as experiencias de distintos actores en diferentes fases da execución dos fondos: autoridade de xestión, organismos intermedios, beneficiarios…
  • A ocasión que supón para reflexionar sobre a intervención pública e privada á hora de enfrontar retos en Galicia como o desemprego, o declive demográfico ou a loita contra o cambio climático.

Programa TecEuropa xuño de 2023

Mércores, 14 de xuño. Visita virtual á Comisión Europea

9:25. Conexión e benvida

  • Ana Ramos, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
  • María Jose Pastor. Centro de visitantes da Comisión Europea.

9:45. Como lle foi á Comisión Europea ata agora: vista de paxaro das Prioridades 2019-2024. Transición Verde e Dixital

  • Jesús Alquézar Sabadie. Analista socio-económico na unidade ‘Ben comúns globais, valores universais e seguridade medioambiental’ da Dirección Xeral de Medio Ambiente.
  • Manuel Mateo Goyet. Xefe adxunto da unidade ‘Computación na nube e programación informática’ da Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías.

11:30. Pausa

12:00. Desenvovlemento rexional da UE 2021-2027: o que fai a UE en España en apoio do desenvolvemento económico

  • Ana Sánchez Cambón. Experta da unidade ‘Portugal e España’ na Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana.

13:00. Fin da sesión

Venres, 16 de xuño

9:00. Introdución ao financiamento europeo

  • O orzamento comunitario. Liñas financieiras. Plan de Recuperación para Europa. Acceso aos fondos europeos para proxectos de entidades locais e públicas.
  • Presentación práctica das convocatorias de Horizonte Europa e o Consello Europeo de Innovación.

11:00 Fin da sesión

Mércores, 21 de xuño

9:00. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo

  • Presentación práctica dos programas Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) e Erasmus +.
  • Presentación dun proxecto europeo. Consellos de redacción. Análise de formularios de proxectos europeos aprobados. Fontes documentais e de información. Portal do participante e rexistro (PIC – Participant Identification Code). Procura de socios. Métodos. Bases de datos. Aspectos legais. Contratos e convenios.

11:00. Fin da sesión

Venres, 23 de xuño

9:00. Liñas de financiamento e aspectos prácticos dun proxecto europeo

  • Presentación práctica do programa LIFE.
  • Presentación dun proxecto europeo. Consellos de redacción. Análise de formularios de proxectos europeos aprobados.
  • Repaso dos contidos do curso.

11:00. Peche da 18ª edición de TecEuropa

  • Ana Ramos Barbosa, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.