Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Cursos »
A Fundación Galicia Europa pecha a décimo sétima edición do programa ‘TecEuropa’ cunha destacada participación
— O curso dividiuse en catro sesión, dúas primeiras de carácter máis teórico e as dúas últimas, máis prácticas, centráronse en coñecer máis de preto os diferentes programas europeos de financiación e diferentes proxecto europeos.
— A Fundación Galicia Europa anima aos asistentes a manter o contacto e crear redes e sinerxias que poidan frutificar en posibles colaboración futuras.
Bruxelas, 5 de decembro de 2022. A 17ª edición de TecEuropa, a formación en formato virtual sobre o financiamento comunitario destinada a entidades galegas, tanto públicas como privadas, finalizou cunha destacada participación do sector público e privado galego. Durante catro sesións entre o 16 e o 25 de novembro, os participantes recibiron tanto formación teórica, como práctica para familiarizarse co financiamento europeo.
As dúas primeiras xornadas, o mércores 16 e venres 18, realizouse unha visita virtual á Comisión Europea na que se abordaron temas da actualidade europa. Así, o mércores 16, unha representante da Comisión Europea explicou Europa en profundidade e abordou as crises e avances, as institucións e as competencias da Unión Europea. Na mesma xornada, os participantes achegáronse a crise e repercusión enerxética da guerra en Ucraína e as consecuencias que está a ter na factura da luz dos fogares europeos.
O venres 18, os asistentes puideron repasar a folla de ruta do Pacto Verde ante panoramas conflitivos, como o actual, da man dunha representante comunitaria. Pechou a sesión unha representante da unidade para Portugal e España da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, que nos falou do desenvolvemento rexional da UE2021-2027 e do que fai a UE en España en apoio do desenvolvemento económico.
Ana Ramos, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, animou a todos os participantes a manter o contacto entre eles e a establecer sinerxias que poidan frutificar en futuras colaboracións.
Na semana seguinte, os días 23 e 25 de novembro centráronse en repasar os aspectos prácticos do Marco Financeiro Plurianual da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España. O mércores 25 desde a Fundación Finnova explicóuselles aos participantes os aspectos prácticos do Marco Financeiro Plurianual da UE, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España e como participar en proxectos europeos. Así mesmo, abordouse o programa Erasmus Plus 2021-2027 e as súas accións clave.
O venres 25, na cuarta e última sesión, tamén desde a Fundación Finnova, explicáronse algunhas das convocatorias de proxectos europeos como o programa CERV (Ciudadanos, Igualdade, Dereitos e Valores) ou o Life. Antes de dar paso aos obradoiros, un representante da Xunta de Galicia presentou o novo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2021-2027 Interreg Spain-Portugal (POCTEP). Pechouse a sesión e o curso con obradoiros varios prácticos sobre os programas CERV, Erasmus Plus, Poctep e Horizonte Europa.
Ana Ramos, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, animou a todos os participantes a manter o contacto entre eles e a establecer sinerxias que poidan frutificar en futuras colaboracións. Así mesmo, instou a todos os asistentes a participar na nova edición de TecEuropa que terá lugar o vindeiro ano. Desde a Fundación Galicia Europa agardamos que o curso teña sido de actualidade a todas as entidades para familiarizarse cos programas de financiación comunitarias así como cos programas e proxectos europeos.
TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia para entidades que buscan especializarse na materia. Organizado pola Fundación Galicia Europa desde o ano 2015, suma unha participación superior ás 700 persoas nas 16 edicións anteriores.
Máis información: Programa TecEuropa