Que é Teceuropa?
TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia. Está destinado a entidades públicas e privadas galegas.
A vixésimo primeira edición de TecEuropa terá lugar por primeira vez en formato híbrido do 11 ao 14 de novembro. A asistencia ao curso é de balde tanto en formato presencial como virtual. A FGE oferta, ademais, axudas para sufragar o desprazamento e estadía de 20 participantes.
Inscríbete neste enlace para participar en liña na formación.
Programa TecEuropa 21
Luns, 11 de novembro | |
9h00-10h00 10h00-13h15 | Benvida e presentacións (Híbrido) Curso de financiamento comunitario (Híbrido) |
Xantar na Fundación Galicia Europa | |
15h00-17h00 | Visita ao Consello (Só presencial) |
Martes, 12 de novembro | |
9h25-12h00 | Visita á Comisión Europea (Híbrida) |
Xantar na Comisión Europea | |
14h00-16h00 | Visita ao Parlamento Europeo (Só presencial) |
Mércores, 13 de novembro | |
9h00-10h00 | Presentación do Portal de Financiamento comunitario (Híbrida) |
10h00-13h15 | Curso de financiamento comunitario (Híbrido) |
Xantar na Fundación Galicia Europa | |
15h00-16h00 | Visita ao Comité Europeo das Rexións (Híbrida) |
Xoves, 14 de novembro | |
9h30-12h30 | Sesión final e conclusións |
Tarde | Posibilidade de manter contactos bilaterais en Bruxelas a iniciativa dos participantes |
Venres, 15 de novembro | |
Toda a xornada | Posibilidade de manter contactos bilaterais en Bruxelas a iniciativa dos participantes |