Programa TecEuropa

17ª edición do curso de especialización en financiamento europeo para entidades galegas. Do 16 ao 25 de novembro.

Que é TecEuropa?

TecEuropa é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades galegas que buscan unha especialización na materia.

Esta décimo sétima edición de TecEuropa ten lugar de xeito virtual e está destinada a entidades públicas e privadas galegas.

Ao longo de catro sesións, os asistentes poderán abordar, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e á posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.

Cales son os obxectivos do curso?

  1. Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dos diferentes fondos e programas dispoñibles.
  2. Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Por que asistir?

Tras a súa participación no programa TecEuropa, os asistentes avaliaron positivamente a experiencia por:
  • A oportunidade de obter información de primeira man sobre a actividade das institucións europeas e de identificar as oportunidades de financiamento para o desenvolvemento do traballo nas súas entidades.
  • A visión xeral ofrecida do financiamento comunitario.
  • Os contactos establecidos con persoas doutras entidades en Galicia que desenvolven proxectos europeos ou xestionan fondos comunitarios.
  • A posibilidade de poñer en común as experiencias de distintos actores en diferentes fases da execución dos fondos: autoridade de xestión, organismos intermedios, beneficiarios…
  • A ocasión que supón para reflexionar sobre a intervención pública e privada á hora de enfrontar retos en Galicia como o desemprego, o declive demográfico ou a loita contra o cambio climático.

Programa TecEuropa novembro de 2022

Mércores, 16 de novembro

9:20. Conexión e benvida

  • Ana Ramos, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

9:30. Europa en profundidade. Crises e avances, institucións e competencias

  • María José Pastor. Membro do Centro de Visitas da Comisión Europea.

11:00. Pausa

11:30. Ucraína e a factura da luz: Crise e repercusión enerxética

  • Yolanda García Mezquita. Xefa da Unidade de Relacións cos Estados membros e cos países veciños da Dirección Xeral de Enerxía. Comisión Europea.

13:00. Fin da sesión

Venres, 18 de novembro

9:30. Conexión e benvida

  • Ana Ramos, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.

9:45. Folla de ruta do Pacto Verde ante panoramas conflitivos

  • Laia Pinos Mataró. Xefa adxunta da Unidade do Pacto Verde Europeo na Secretaría Xeral. Comisión Europea.

11:00. Pausa

11:15. Desenvolvemento Rexional da UE 2021-2027: o que fai a UE en España en apoio do desenvolvemento económico

  • Ana Sánchez Cambón. Unidade para Portugal e España da Dirección Xeral de Politica Rexional e Urbana. Comisión Europea.

12:30. Fin da sesión

Mércores, 23 de novembro

9:30. Aspectos prácticos do Marco Financeiro Plurianual da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España

11:00 Introdución aos proxectos europeos. Concepto e procura de socios. Portal do participante

12:30 Exemplos e análise de casos prácticos

13:00 Fin da sesión

Venres, 25 de novembro

9:30 Principais convocatorias de proxectos europeos. Aspectos prácticos

11:30 Obradoiros prácticos simultáneos (a elixir un)

13:00. Peche da 17ª edición de TecEuropa

  • Ana Ramos Barbosa, directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.