TAXA SOLIDARIA SOBRE OS BILLETES DE AVIÓN
A Comisión Europea aprobou o mércores 15 xuño o informe técnico sobre as
posíbeis formas de aplicación da taxa solidaria sobre os billetes de avión. Trala
falla de acordo entre os comisarios o pasado 1 de xuño, que impediu ó Consello
de Economía e Finanzas do día 7 acadar ningún resultado sobre a cuestión do
financiamento adicional para axuda ó desenvolvemento ó carecer do documento
de base sobre o que traballar , o Colexio de comisarios viuse obrigado a adopta-lo
informe a fin de presentalo á reunión ministerial do vindeiro 7 de xullo.
A idea da taxa solidaria consiste nunha contribución voluntaria de montante
reducido (1 ou 2 euros) sobre cada billete de avión que seria adicada a aumenta-lo
financiamento necesario para acada-los obxectivos establecidos en materia de
axuda pública ó desenvolvemento. O carácter voluntario da contribución evitaría a
creación dunha nova taxa á que se opoñen a maioría dos Estados membros.
Segundo a proposta da Presidencia luxemburguesa, firme partidaria desta
iniciativa, a natureza voluntaria da contribución atópase en tres niveis: para os
Estados membros, que poderían decidir libremente introduci-la taxa no seu
territorio; para as compañías aéreas, que poderían propor ós seus clientes a
contribución; e finalmente para os pasaxeiros, que poderían decidir se queren ou
non paga-la contribución.
O documento finalmente aprobado pola Comisión Europea establece a necesidade
dunha aproximación coordinada que impida os efectos negativos entre os Estados
membros debidos a aplicacións unilaterais da iniciativa -na actualidade tres Estados
membros aplican xa unha taxa á saída de avións (Reino Unido, Dinamarca e Malta),
se ben en proporcións diferentes- e, ó mesmo tempo, mellore a visibilidade da
iniciativa como parte da contribución da Unión Europea ós Obxectivos de
Desenvolvemento do Milenio.
Na proposta da Comisión os montantes previstos para unha contribución obrigatoria
van de un a cinco euros por pasaxeiro nos vos nacionais ou intracomunitarios,
namentres que nos vos extracomunitarios esta taxa sería o dobre tendo en conta
que neles os pasaxeiros só poden contribuír unha vez no aeroporto da Unión
Europea. A Comisión tamén contempla unha diferenciación en función da clase ou
do tipo de viaxe.
Este sistema de taxa obrigatoria podería recadar entre 568 e 2.763 millóns de
euros, namentres que o impacto sobre a demanda de transporte aéreo podería
supor unha diminución de entre 0,5% e ó 3% para os vos interiores e entre o 1% e
o 4% para os vos internacionais, o que, segundo a Comisión, representa unha
moderación do crecemento do trasporte aéreo e non realmente a súa diminución.
En todo caso, a propia Comisión Europea considera que é necesaria unha avaliación
mía completa sobre os riscos que a introducción desta medida pode levar, xa que
pola contra, non existen dificultades prácticas nin xurídicas para a súa posta en
marcha e o seu custo é razoable.
A Comisión Europea tamén contempla a posta en marcha dunha taxa voluntaria,
cuxa recadación estaría en función da participación dos pasaxeiros. Esta taxa
podería aplicarse mediante dous esquemas: un no que sexa o pasaxeiro quen
indique a súa vontade de participar (opt-in) e outro no que se prevea o pago
automático a non ser que o pasaxeiro mostro a súa desconformidade (opt-out). En
ambos casos serán as compañías aéreas e as axencias de viaxes as encargadas de
xestiona-la recadación dos fondos, o que podería levar importantes custos,
especialmente para modifica-lo sistema de reservas de billetes. Pola contra, o
impacto sobre o transporte aéreo será mínimo, xa que un pasaxeiro ben informado
poderá escoller non paga-la taxa.
Ver nota informativa do 8 de xuño de 2005.