Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima

Súmate ao reto para a xuventude do Pacto polo Clima

01/09/2021 |

  • A participación estará aberta a toda persoa de entre 15 e 30 anos até o 20 de setembro.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021. O reto para a xuventude do Pacto polo Clima, unha iniciativa da Comisión Europea, é unha oportunidade para contribuír na transición verde a través do establecemento de sinerxías entre a mocidade, para crear conxuntamente ideas e proxectos innovadores de participación xuvenil no eido da acción polo clima.

Ao abeiro deste desafío, toda persoa que participe poderá unirse a un proxecto ou poñer en marcha a súa propia idea xunto con outras persoas, creando unha breve presentación en vídeo antes do 30 de setembro. As ideas presentadas terán que xirar en torno a catro temas:

  • Apoio á mocidade embaixadora do Pacto polo Clima.
  • Intensificación das accións individuais con respecto ao clima.
  • Fortalecemento da participación da xuventude na política climática.
  • Educación en materia de acción polo clima.

Todos os equipos terán a oportunidade de poñerse en contacto con partes interesadas que poidan apoiar a execución dos seus proxectos. Ademais, as ideas mellor valoradas serán presentadas ao vicepresidente executivo Frans Timmermans o 11 de outubro.

A participación estará aberta a toda persoa de entre 15 e 30 anos até o 20 de setembro.

Se queres participar, só tes que rexistrarte na seguinte páxina web e comezar a conectar con outras persoas, compartir ideas ou sumarte a algún proxecto existente.

Unha vez rexistrado/a, terás acceso á plataforma European Climate Pact Community Hub, onde poderás unirte a grupos que xa comezaran a preparar o seu proxecto ou iniciar o teu propio grupo a través do contacto con outras persoas participantes.

Fonte: Sé parte del Reto para la Juventud del Pacto por el Clima

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas