“SOBRE A SOMBRA QUE SEMPRE ME ASOMBRA”
Día 28 de xuño do 2005
Ás 20:00
horas
Lugar: ESPACE LEOPOLD S.SENGHOR – 366 chée. de Wavre (Place
Jourdan) 1040 Bruxelles
Prégase confirmación tel.: 02 735 54 40 –
Fax: 02 735 46 78 – bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
“SOBRE A SOMBRA QUE SEMPRE ME ASOMBRA”
baseado na poesía de Rosalía de Castro
A figura de Rosalía de Castro segue emocionando e conmocionando os
corazóns dos amantes da boa poesía. Xentes de toda España gozan cos versos da
poetisa de Padrón e alédanse cando poden reencontrase con ela a través da
lectura dun dos seus libros, da asistencia a un espectáculo ou do recitado dos
seus poemas.
Esto é o que se pretende acadar desde « Rosalía, sobre a sombra que sempre me
asombra ».Un paseo polo universo rosaliano que conmove a quen o queira coñecer.
As voces de catro actores darán vida ós versos da autora de « Follas novas » e «
A las orillas del Sar », sendo precisamente os poemas destes dous libros, os
escollidos para viaxar da man de Rosalía polo seu mundo poético.
Xunto ós actores estará a música. Unha música que precisa de todo o misterio
do son para recrear unha atmosfera absolutamente romántica. Como dicía Shelley:
“o romantismo foi máis un movemento social ca un estilo literario”.
Os actores e os músicos que ofrecen este espectáculo cren firmemente nesta
idea e entréganse en corpo e alma ó sabor dos versos de Rosalía de Castro.
Asunción Balaguer e Flor Maceiras, co seu prestixio, talento e
profesionalidade, darán á obra de Rosalía o tono adecuado que precisa a poesía
da autora galega. Elas levarannos xunto a José Aguliar e Lino Braxe, polo amor,
a morte, a melancolía e a adoración que por Galicia sentía Rosalía. Trátase dun
espectáculo de carácter universal cunha clara vocación de espertar o asombro das
xentes.
A creación de diferentes ambientes e situacións vén da man dos músicos, un
saxofonista, Nahuel Pérez, e un percusionista, José Luís Saques, quen coas
directrices do director do espectáculo Lino Braxe, adquiren unha dimensión
extraordinaria.
“Cando penso que te fuches,
Negra sombra que me
asombras,
Ó pé dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
No mesmo sol te me amostras,
I eres a estrela
que brila,
I eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
Si choran, es ti que choras,
I es o
marmurio do río
I es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
Pra min i en min mesma moras,
Nin me
abandonarás nunca,
Sombra que siempre me asombras”.