Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Competitividade » Aberto o prazo de inscrición para a Semana Europea das Rexións e das Cidades en Bruxelas

Aberto o prazo de inscrición para a Semana Europea das Rexións e das Cidades en Bruxelas

01/09/2026 |

— As inscricións para as Partner Sessions da EURegionsWeek 2026 permanecerán abertas ata o 30 de setembro 

— Bruxelas acollerá a Semana Europea das Rexións e das Cidades do 12 ao 14 de outubro

Bruxelas, 1 de setembro de 2026. A organización da Semana Europea das Rexións e das Cidades (EURegionsWeek) 2026 acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nas Partner Sessions, as sesións organizadas por rexións, cidades e entidades de toda Europa que forman parte do programa da principal cita europea dedicada á política de cohesión. As persoas interesadas xa poden consultar a programación e reservar a súa participación nos diferentes eventos previstos en Bruxelas entre os días 12 e 14 de outubro de 2026. 

 O prazo de rexistro para estas sesións permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2026, polo que se recomenda formalizar a inscrición con antelación para garantir praza nas actividades de maior demanda.  

 A organización da EURegionsWeek anunciou tamén que a finais do mes de agosto abrirase o prazo de inscrición para as EU Sessions, os grandes debates, conferencias e sesións oficiais organizadas pola Comisión Europea e o Comité Europeo das Rexións no marco da edición de 2026. 

 A Fundación Galicia Europa (FGE) colabora de novo con varias entidades na organización de varias actividades incluídas no programa oficial das Partner Sessions. Entre elas destacan as sesións promovidas xunto coa Deputación de Pontevedra, ERRIN e DCRN: 

The water commons: A pioneering public-community partnership for rural resilience: Lessons from one of Europe’s rainiest regions”. O presidente da Deputación de Pontevedra presentará presentará o modelo de colaboración público-comunitaria da provincia para impulsar a resiliencia rural e a xestión sostible da auga. 

Who speaks for regions? Multilevel governance and Europe’s next long-term budget”. Esta sesión, organizada pola Área Metropolitana do Porto e a Fundación Galicia Europa, analizará a cooperación entre Porto e Galicia como exemplo de gobernanza multinivel para reforzar a voz das rexións nas decisións da UE. 

Overcoming barriers to the right to stay: How transport connectivity affects the attractiveness of a territory”. Organizado no marco da rede DCRN, este obradoiro examinará como a conectividade do transporte inflúe no atractivo das rexións afectadas polo envellecemento e a perda de poboación. 

Que é a Semana Europea das Rexións e das Cidades?

A Semana Europea das Rexións e das Cidades é o principal evento anual da Unión Europea dedicado ás políticas rexionais e urbanas. Cada ano reúne en Bruxelas a responsables políticos, administracións, entidades, expertos e representantes da sociedade civil de toda Europa para intercambiar experiencias, presentar proxectos innovadores e debater sobre os retos comúns das rexións e cidades europeas. 

© Fundación Galicia Europa, 2026

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data