Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Segunda edición do programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia

Segunda edición do programa Xuventude Mentoring da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia

22/07/2022 |

  • O programa Xuventude Mentoring ten como obxectivo favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional
  • É un programa pioneiro, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022. Se tes entre 18 e 30 anos, remataches os estudios universitarios ou de FP superior en Galicia e queres acceder ao mundo laboral esta é a túa oportunidade. Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas para facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral. Contarás en todo momento co acompañamento do noso equipo técnico de profesionais expertos en prospección e orientación para o emprego e cunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecerán asesoramento e apoio aos seus mentorizados.
A Fundación Galicia Europa colaborará tamén como mentora nesta nova edición o programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014- 2020.

É un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas universitarias e de Formación Profesional e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre o programa:

POR QUE?

Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

COMO?

A través das seguintes accións:
Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora.
Actividades formativas: de maneira presencial, semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

PARA?

As persoas destinatarias do programa:
Terán rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galegos.
Estar inscritos e ser beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia.
Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

CANDO?

  • Unha vez admitido/a no programa as diferentes accións desenvolveranse nun período aproximado de 3 /4 meses.

Se tes vocación e queres ser mentor, es profesional con experiencia no teu sector e queres axudar á mocidade na súa transición ao mundo laboral, súmate ao programa #xuventudementoring @xuventudegalicia Inscríbete para participar : https://www.xuventudementoring.gal/

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas