Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Santiago acollerá a próxima edición do MEU Spain

Santiago acollerá a próxima edición do MEU Spain

15/07/2022 |

— O Model European Union ten por obxectivo formar sobre as institucións europeas a través da simulación do seu funcionamento, con roles como eurodeputados, ministros no Consello da UE ou xornalistas

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022. Desde o 29 de agosto até o 2 de setembro de 2022 celebrarase en Santiago de Compostela a nova edición do MEU Spain (Model European Union), un evento onde decenas de mozas e mozos poderán converterse en representantes da cidadanía europea nas institucións comunitarias.

O MEU Spain ten por obxectivo formar sobre as institucións europeas a través da simulación do seu funcionamiento, con roles como eurodeputados, ministros no Consello da UE ou xornalistas. Neste sentido:

  • Como eurodeputado a túa labor será representar á cidadanía europea e determinar a forma final da lexislación europea;
  • Como membro do Consello, representarás os intereses do país que corresponda, de maneira que a lexislación final se adecúe á posición do goberno que defenden;
  • Como xornalista, seguirás as instrucións da persoa encargada da coordinación e axudarás aos participantes a entender todo o que acontece e a coñecer as últimas novidades.

Os temas centrais do encontro serán o fondo europeo de defensa e a política dixital europea, sobre os que as persoas participantes terán que debater e chegar a un acordo.

Ademais da simulación, que será a actividade principal, esta actividade tamén contempla a organización de charlas interactivas con eurodeputados e profesionais da EU e encontros de networking co resto de participantes.

Non perdas esta oportunidade e rexístrate a través da seguinte ligazón!

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas