Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude »RuralYouthFuture publica o seu cuarto boletín
Santiago, 22 de agosto de 2025. A medida que o proxecto “RuraYouthFuture” avanza cara o seu quinto semestre, os esforzos dos socios en debuxar novas accións que promovan e fortalezan o emprego xuvenil e o desenvolvemento rural sostible van en aumento.
Nesta nova edición do boletín poderás:
- Atopar toda a información en as conclusións dos socios tras as súas visitas de estudo a Portugal e a Galicia.
- Descubrir como as accións locais e a participación dos stakeholders están a dar forma a mellores políticas.
- Coñecer os próximos pasos do proxecto, así como obter unha vista previa da súa próxima reunión interrexional en Bruselas.
Accede ao 4º boletín facendo clic aquí.
Sobre RuralYouthFuture
O proxecto “RuralYouthFuture” ten como obxectivo impulsar o emprego xuvenil e garantir postos de traballo accesibles e de calidade para a mocidade das zonas rurais. Para iso, céntrase en seis instrumentos políticos a nivel municipal, rexional e nacional, co propósito de afrontar o reto común de dar resposta ás necesidades da xuventude nos territorios rurais afectados polo descenso poboacional. O proxecto conta coa participación de socios de oito países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia.
Cun financiamento de 1,9 millóns de euros, o proxecto desenvólvese no marco do Programa Interreg Europa, cofinanciado con fondos FEDER.
Consulta aquí as novas relacionadas co proxecto.
© Fundación Galicia Europa, 2025.